Vistas de página en total

sábado, 25 de abril de 2015

PREVIO PARTIDO CONTRA O CD BURELA "B" P. RUBÉN

Tralo enésimo varapau sufrido na casa a xornada pasada ante o 5 Coruña F.S., a S.D. Pazos tratará de reporse nesta, na sempre difícil cancha do Burela "B".
O conxunto de Nesto, visita Vista Alegre coa única intención de por fin realizar un encontro no que rendemento e puntos vaian da man.
O filial do Burela, ó reves cos nosos, pasa polo seu mellor momento da tempada, a pesar da derrota sufrida o sábado anterior en a A Fonsagrada. Proba delo é que, tras unha frouxa primeira volta, de vencernos, incluso nos daría caza na clasificación.
Os problemas en forma de baixas siguennos acuciando, Breixo, e moi problamente José, non serán da partida por motivos persoais, co que se unen á segura de Hugo. Jonas, Torres e Santi tentarán votar unha man os minutos que poidan para axudar ó quinteto vermello.
O encontró diputarase o sábado no pavillón de Vista Alegre ás 18:00.

No hay comentarios: