Vistas de página en total

sábado, 9 de mayo de 2015

PREVIO PARTIDO CONTRA O VILALBA F.S.

Este sábado definese a liga coa disputa da derradeira xornada.
De entre o A Fuga Xove F.S. ou a A Estrada F.S. sairá o campeón, cunha sensible ventaxa de tres puntos para os primeiros, ós cales lle valería con sacar un punto ante o Carballiño F.S., que non se xoga nada, para nin ter que ver o resultado dos estradenses.
Nós, mentras, ante a imposibilidade de loitar por cotas maiores, trataremos de sentenciar definitivamente o cuarto posto que agora ocupamos. Dalgún xeito, parece mais ca merecido, pois a pesar da frouxa segunda volta, levamos asentados nel a maior parte do campeonato.
O escenario que nos agarda é un dos peores posibles para unha última cita, xa que teremos enfronte a un rival que loita por non descender de categoría, O Vilalba F.S.
Os vilalbeses necesitan puntuar si ou si contra os nosos, e agardar ó que faga o Ribeira F.S. en Santiago. Empatados a puntos no último posto, de ahí sairá o próximo equipo de liga autonómica.
Os vermellos gañando cuartos, sen mais, se non a agardar ós outros resultados.
Nesto, poderá por fin, contar con efectivos de abondo para encarar o choque con tódalas garantías. Recuperados Jorge, Santi e Torres, só causaran baixa Hugo e José.
O encontro diputarase o sábado no pavillón municipal de Vilalba ás 18:00. 
 

No hay comentarios: