Vistas de página en total

domingo, 3 de mayo de 2015

S.D. PAZOS Fútbol Sala 3 - 2 CARBALLIÑO F.S.

Balsámica victoria, que ainda que axustada, francamente ó noso entender foi mais que merecida.
Os vermellos dominaron o encontro cunha forte presión que maniatou ós visitantes, pero coma nas últimas datas, a desquiciante falta de finalización a piques estivo de deixarnos sen os tres puntos.
5 INICIAL: Bizza - Remo - Jony - Luis  e Borja, no banco: José, Jonas e Breixo.
Os primeiros compases de igualdade levaban a pensar que esta sería a tónica dominante, pero co paso dos minutos, os nosos irían decantando a balanza.
Así e todo, a primeira tivérona eles. Balón ó pivot que se desfai de Remo, e o disparo vaise alto.
A partir do minuto quince aproximadamente, o choque tintouse de vermello, acumulando ocasións que rematarían por pornos en ventaxa.
No seis, Luis, asistía a Borja no segundo pau, pero o meta, desvíaba a corner o remate do doce.
Logo era Jony, que disparaba fora só dende o borde da área noutro pase de Luis.
O preludio o primeiro gol tamén o tería Jony. Remo roubaba na presión preto do corner, asistía cara atrás, e Jony disparaba franco cortando in extremis o pé dun defensor.
Tras varios corners ó noso favor, nun deles, o 1-0 minuto doce. Templa Remo, e bolea inapelable de Jonas dende a frontal.
Continuamos a telas nos minutos seguintes.
Bo disparo de Breixo tras triangulación que repele o porteiro, e boísima outra de Remo. Maniobra de Jonas para desfacerse da presión, cede a Remo para o man a man co porteiro, pero este, adivínalle a intención.
Non eramos capaces de irnos no electrónico, e por esnésima vez no que vai de ano, concediamoslle unha ó rival e pagábamolo.
Minuto dezasete, Jony perde atrás, bola morta, e punteirazo tremendo ante un Bizza ó que so lle queda collela de dentro, 1-1.
Un minuto despois Borja, non aprobeitaría a nosa réplica. Jonas ponlla ó segundo pau, e remate ó longueiro.
Luis tampouco sería quen nunha estratexia de corner ó interior da área. Só, atópase coa intervención co pé do porteiro.
Antes do descanso duas mais para os locais e a derradeira para eles.
Luis con Jonas e tiro que para o meta, Jonas ó pau nun centro-chut, e a sete segundos do final, Bizza, ten que aparecer para evitar o gol nun disparo a bocaxarro logo de perder José de último.
Película moi vista esta tempada en "Anfield". Porteiros visitantes a un gran nivel, pésima finalización, e algunha toma de decisións que nos condea.
No segundo tempo mais, que non mellor.
Na xogada de inicio outra que se ía ó limbo. Trallazo de Jony dende o borde da áea, e balón ó longueiro.
Intres despois turno para Luis. Revólvese na área pequena, páralla o porteiro, e doble rexeite no que Jony revéntaa contra un defensa e porteiro.
Ós tres minutos por fin si acertábamos. Xogadón colectivo, Luis cara Jony, este profundo a Remo, e pase de primeiras dende o corner para que Borja anote a pracer, 2-1.
En circunstancias "normais" o choque debeu quedar sentenciando nos minutos seguintes, pero claro, nestes momentos estamos como estamos.
José disparou fora sen oposición nun saque de esquina, e mais tarde xa rizamos o rizo non aprobeitando unha superioridade.
Recibe Luis de saque directo de Bizza, desfaise de Taffa que sae ó seu encontro, e o porteiro agarrao deliberadamente cando o dez se ia cara a porta baleira. A expulsión non xera dúbidas.
Fixemos bastante mal a superioridade, precipitados, como querendo meter o cuarto antes co terceiro.
A única decente que creamos, escachouna Luis contra o hombreiro do porteiro.
Puido ser peor xa con igualdade na pista. Bizza, que recibía un tremendo balonazo na orella, salvaba os mobles cunha valente saida nun un para un.
O 3-1 no minuto dezasete, gol este, con certa polémica.
Rouba Jony en media pista e o rival queda tendido no chan, dalla rápido en longo a Borja que non se decata da acción, e marca de tiro cruzado. Molestáronse os Ourensás, non sen algo de razón, pero igualmente entenderon que Borja de costas non vira nada. Primou a razón e a deportividade.
En segundos o 3-2. Jony perde en defensa, e novo zapatazo que se come un ainda aturdido Bizza.
Tocaba sufrir como de costume, e mais se cabe, errando as que somos capaces de errar.
Luis vaise e plántase ante o porteiro, dalla a Borja, e o doce incriblemente votaa fora.
Minuto final de zozobra, co medo a gañar instalado nos da casa.
A templanza de Jonas, permitiríanos ficar como estábamos.
O Carballiño foi un digno rival, pero nesta ocasión, os de Nesto foron mellores.


5 comentarios:

Anónimo dijo...

Buscáis portero para la temporada que viene?

Anónimo dijo...

mandanos el curriculum y lo valoraremos.

Anónimo dijo...

A donde tengo que mandarlo? Es que no encontré ningun correo ni teléfono

Ainoa Miguélez Solla dijo...
Este comentario ha sido eliminado por el autor.
Mon dijo...

chichotaz@gmail.com