Vistas de página en total

lunes, 11 de mayo de 2015

VILALBA F.S. 5 - 5 S.D. PAZOS Fútbol Sala

Rematou a liga, e fixoo cun partido que pode servir de resumo ó que foi esta tempada para a S.D. Pazos Fútbol Sala.
Un primer tempo, no que a pesar do susto inicial, fomos mellores co rival, e un segundo, no que non demos unha a dereitas.
Pasamos de estar metidos, concentrados e con ritmo, a todo o contrario no tempo que dura o descanso.
5 INICIAL: Jorge - Jonas - Remo - Luis e Borja, no banco: Bizza, Torres, Santi, Jony e Breixo.
A tensión respirábase no ambiente ante o que se xogaba o Vilalba F.S.. Afición entregada e metendo presión, e os nosos a tentar evadirse do que os rodeaba.
Luis no minuto un, cun tiro dende a lateral que sacaba ó porteiro a rentes do pau, amosaba que non íamos de paseo.
Un minuto despois, si que o puido parecer.
Borja concede un corner cando erra nun pase cara atrás, ó tentar iniciala xogada.
Saque, disparo exterior que roza nel e Jonas, e balón á escadra de Jorge, 1-0 minuto dous. De coña, cantas destas vimos na segunda volta, e o que quedaba por vir.
Baixón, e por pouco non nos cae o segundo. Corta Jorge unha contra primeiro, e logo, un chut de campo a campo que se estrelaba non longueiro.
Espabilamos, e os derradeiros quince minutos foron totalmente nosos.
Unha boa triangulación, remataba con tiro claro dende a frontal de Luis, que despexaba o meta a corner. Logo dalgunha mais, Jony conseguía o empate.
Minuto doce, estratexia de saque de banda entre Jonas e Jony, asiste ó primeiro, finaliza ó segundo de tiro cruzado, 1-1.
Seguimos apretando. Santi tras roubar, escachaba centrado contra o porteiro, o rexeite, tampouco era quen de metelo Breixo.
O 1-2 no minuto doce. Nova estratexia de banda, tiro cruzado de Luis, e a bola que se vai adentro, logo de pegar nun contrario.
Os locais resentíronse, e nós, aprobeitámolo para ter un feixe delas das que só conseguimos meter duas mais.
Luis a pase de Jonas de punteira, porteiro, pau e a corner. Mesmos protagonistas, rouba Jonas, vaise, e ante o porteiro asiste ó segundo a Luis en pugna cun defensor, conecta mal, e fora por nada.
Remo tamén a tería tras ganarlle as costas á defensa. Ponlla Luis, encara ó porteiro, sentao no borde da área, pero o axustado remate pega no pau.
A fín o 1-3, minuto dezasete. Recibe Luis de costas, desfaise do seu par e fusila ó meta.
En segundos o 1-4. Saque rápido de Jorge cara o dez, cede ó segundo, e Borja remacha á rede.
Resultado merecido, por xogo, por ocasións, e porque o rival acusaba cada gol a pesar de non tirala toalla.
O segundo tempo foi sonrroxante, cun final que houbo que velo para créelo, e cun Vilalba que parecía morto, e a base de empuxe acabou metido de cheo no partido.
Os primeiros dez minutos apenas deixaron nada. Un longueiro para os da casa que se vían sumidos nun querer e non poder, e os de Nesto a velas vir, apenas inquedando con contras mal rematadas, un par de chegadas de Santi ou Breixo, e un tiro de falta de Jonas.
Cando todo semellaba visto para sentencia, a falta de sete minutos comezaba a verbena.
Luis cometía un mais ca discutible penalti sobre Miguilla, que andaba moi listo. O propio xogador, encargaríase de transformalo, 2-4.
En segundos o 3-4. Remo perde en ataque, e tiro lonxano que sorprende a Bizza adiantado, entrando pegado ó poste.
O son ambiente subiu coma a espuma. A entregada hinchada a rentes da pista, levou en volandas ós seus, que agora si, crían na igualada.
Esta chegaba a falta de catro minutos. Falta ó borde da área de Torres, e na polémica execución da mesma, o 4-4.
A falta que sofre Bizza no bloqueo que lle impide ver e sair e tan flagrante, que nin valía a pena discutila.
Xa metidos no fango, tentamos reaccionar. Torres, interceptaba un balón que quedaba botando ós pes de Luis. O intento de vaselina deste ante a saída do porteiro íase por arriba.
No dezasete, a sorte antes esquiva, aliábase cos vermellos. Jonas sortea a varios rivais, gaña a liña de fondo, cede atrás, e un defensor introducea en propia meta, 4-5.
Mais difícil todavía para os da casa. Xogo de cinco a falta dun minuto, e a liga que tocaba ó seu fin.
Pois a corenta e seis segundos igualada a heróica. Recuperamos, perde Borja en media pista, balón ó segundo pau, detén Bizza en primeira instancia, e o rexeite meteo a fé cega dun xogador vilalbés que entra de arrastro, 5-5.
Para darlle mais épica á salvación local e á perda da cuarta plaza visitante, quedaba unha.
Once segundos por xogarse, presión alta, e a pelota caelle nos pes a Jony en boca de gol. Control forzado, e remate que sae amodillo a carón do pau. O dito, ver para creer.
Como o ano pasado finalmente rematamos quintos, pero con sensacións diferentes.
Pasamos de pelexar o campeonato ata a xornada final, a despedirnos de toda posibilidade del en xaneiro.
É certo que competimos contra tódolos equipos, gañando incluso a primeiro e segundo clasificado, e empatando nas duas ocasións co terceiro. Pero é que por exemplo, dos catro partidos contra os dous últimos clasificados só fomos capaces de gañar un. Mostra evidente da nosa irregularidade.
Moitos factores influen nesta extrana tempada. As nosas capacidades, algo de falta de "interés" ou ilusión nalgún momento, moitas baixas, a sempre necesaria fortuna, e seguro que varias mais.
O resultado final non é malo, pero é certo de que deixa a sensación de que debeu ser mellor.
Felicitar o campeón, A Fuga Xove F.S., que fixo bos os pronósticos que o situaban ó comezo como firme candidato ó titulo, NORABOA!.

*Como sempre, dar as GRAZAS a toda a FAMILIA vermella. Directiva, corpo técnico, plantel, ós outros xogadores que tanto nos axudades ( Juan, M. Ferreira, Santi, Peri, Ramón, Miki), e por suposto AFICIÓN. Entre todos, fixemos que outro ano en terceira división fose posible.

4 comentarios:

SDXoveFS dijo...

Moitas gracias a vos e espero q para o ano q ven loitedes por cotas maiores, de seguro que con menos lesións estariades mais arriba este ano. O dito, moita sorte e gracias polo trato tan bo que sempre nos destes tanto en Xove como en Pazos. Gran aficion e gran xente.
Un saudo

Anónimo dijo...

Ya podreis empezar aver lo q hicisteis mal esta temporada..(entrenador nuevo, fichajes nuevos,gente sin ganas de jugar...etcc) porque menudo fracaso de temporada...y q mal lo vais a pasar para el año...y como siempre de escusas las lesiones..pupas que sois unos pupas

Mon dijo...

Que sí campeón, que sí, mellor centrarvos no voso, que xa tedes abondo.
A ver si para o ano facédelo mellor y gañades partidos xogando o fútbol sala, que é o que todos queremos.

nesto dijo...

mas tonto no puedes ser,o si...seguro que sii.Nuestra meta garrulo es hacer una temporada digna y no salir de gallos como vosotros y quedarse en pollito,gente sin ganas dices??esto demuestra que lo mas cuadrado que viste fue tu cerebro,felicidades al Xove,por campeon y comporatmiento un 10,alaaa,espabilaoooo sigue hablando ,que cuanto mas vas hablando mas mier....vas tragando.