Vistas de página en total

lunes, 21 de diciembre de 2015

RIBEIRA F.S. 3 - 4 S.D. PAZOS Fútbol Sala

No encontro que puña fin á primeira volta do campeonato, a S.D. Pazos, trouxo consigo de Lugo unha victoria que ademáis de afastar a un rival directo, lle permite rematar o ano co-líder da categoría.
O choque foi como se agardaba, disputadísimo, ante un rival que demostrou o por que de estar inmerso na loita polo título .
O Ribeira obrigou ós nosos a valeirarse, cun esforzo e compromiso máximo. Esteban impecable, defensa férrea, e lucidez e contundencia en momentos clave, permitíronnos lograr tres puntos que se antollan vitais.
Primeira parte da tempada pechada con nota, con notaza mais ben.
Só cedemos dous puntos na casa, ante o máximo candidato ó título (A Estrada Futsal), e tres fora, diante do ata antonte intratable líder (Superti F.S.). Somos tamén, o conxunto con mellor bagaxe entre goles anotados e goles encaixados.
Números, que falan do excelente traballo realizado ata o de agora.
Queda o mais complexo, refrendalo nunha segunta volta que se presenta apaixoante.
Agora chega un parón de case un mes para descansar e coller forzas, retomando a competición no seguramente peor escenario posible, o Coto Ferreiro de a A Estrada.
Maiúsculo reto para comezar, pero que afrontaremos con gañas e ilusión.

RIBEIRA F.S.: David - Cancio(1) - Jairo(1) - Lobeiras e David Quintela(1); Cesar, Alejandro, Francisco, Pablo, Marcos, Alberto e Luis.
S.D. PAZOS Fútbol Sala: Esteban - Marcos F.(1) - Jonas - Breixo e Luis(3); Bizza, Torres, Mouso, Jony e Borja.

GOLES:
  • 0-1 (min. 1) Rouba Jonas na presión, pásalla a Luis, que quebra ó defensor e define no man a man co meta.
  • 0-2 (min. 9) Marcos F. intercepta un pase en campo rival, cédella a Luis, que cun amago vaise do seu par e fusila de tiro cruzado.
  • 1-2 (min. 17) Frouxa defensa do segundo pau e Jairo anota de media volea.
  • 2-2 (min. 19) Mal entendemento defensivo entre Luis e Jonas na derradeira acción do primer periodo, que aprobeita Cancio para marcar en semi-erro no segundo pau.
  • 2-3 (min. 22) Contra de manual que monta Marcos F., dalla a Jony que sae veloz, e asiste milimétrico ó segundo pau donde chega Luis para rematar.
  • 2-4 (min. 25) Espectacular acción en velocidade por banda de Marcos F. que deixa atrás ó seu marcador e cruza ante a saida do porteiro.
  • 3-4 (min. 35) Individualidade de Cancio ante tres dos nosos que o defenden coa mirada, e asiste para que David Quintela marque sen oposición.

No hay comentarios: