Vistas de página en total

jueves, 17 de diciembre de 2015

XORNADA 11

Esta fin de semana remata a primeira volta do campeonato, e faino con dous platos fortes.
Ribeira F.S. (4ª) recíbenos a nós (2ª) e a A Estrada Futsal (3ª) fai o propio co líder, Superti.
A estas alturas da tempada, pase o que pase en ambos encontros, seguramente non será definitivo, pero si que pode ser decisivo nalgún caso.
Gañar en Lugo ante un conxunto que está a facer as cousas moi ben como é o Ribeira, non parece doado, pero a intención dos vermellos é clara, tentar quedarse os tres puntos.
José é baixa por motivos laborais, e Jony probará o seu estado antes do choque.
O encontro disputarase o sábado no pavillón municipal dos deportes de Lugo ás 17:00. 

No hay comentarios: