Páginas vistas en total

martes, 15 de diciembre de 2015

S.D. PAZOS Fútbol Sala 6 - 2 T. ABC VIGO OLIVO F.S.

A S.D Pazos cerrou o ano na casa cunha importante victoria sobre o T. ABC Vigo Olivo F.S..
Estes tres puntos permitennos seguir na pelexa pola parte alta da clasificación, ademáis de dar folgos para o que se nos ven enriba, Ribeira e a A Estrada.
Os de Nesto foron superiores a un xoven T. ABC ainda en proceso de cohexión. A experiencia marcou a diferencia ante o combativo conxunto vigués. Como nota negativa, o de case sempre, eses minutos de dispersión que nos afean a imaxe.
 
S.D. PAZOS Fútbol Sala: Bizza - Marcos F. - José(1) - Jonas(1) e Luis(2); Esteban, Torres, Mouso , Breixo(1) e Borja(1).
T. ABC VIGO OLIVO F.S.: Rodri - Samuel(1) - Modes - Parra e Pinilla; J. Luis, Fabio(1), David e Angel.
 
GOLES:
  • 1-0 (min.11) José recibe no pivot, xírase, e fusila ó porteiro coa punteira.
  • 2-0 (min.12) Breixo asiste a Jonas, que recurta a un rival, e repite a definición de Jose,
  • 2-1 (min.19) Perda en media pista, disparo ó longueiro, e o rexeite mandao á rede Fabio.
  • 3-1 (min.21) Presión de Jonas e Luis, desconcerto visitante, e bola para Luis que convirte coa zurda.
  • 4-1 (min.25) Marco F. vaise por banda e pase da morte a Borja que anota de primeiras.
  • 5-1 (min.29) José deixa atrás a tres contrarios con forza e calidade, e dalla a Luis para que empurre sen oposición. 
  • 6-1 (min.30) Trallazo á cruceta de Borja, e o rexeite  remachao Breixo de volea.
  • 6-2 (min.35) Frouxa defensa local que lle permite a Samu marcar ante Bizza.
   

No hay comentarios: