Páginas vistas en total

jueves, 21 de enero de 2016

A ESTRADA FUTSAL 2 - 6 S.D. PAZOS Fútbol Sala

O equipo de Nesto comezou o ano como rematou o anterior, conseguindo a victoria no feudo dun rival directísimo.
A este triunfo hai que darlle o valor que merece, pois cabe mencionar, que o rival non deixara escapar nin un só punto do seu terreo ata agora.
O encontro dispúxose de igual a igual, e ahí, a entrega e competitividade dos de Pazos converteunos nun verdadeiro plomo para o adversario.
A primeira parte foi de cor vermella. Atento Bizza, defensa presionante que incomadaba ós locais, e boas transicións, permitíannos ir con ventaxa ó descanso.
Na segunda, a A Estrada saiu a por todo, pero a raíz do 1-3, tras intervención providencial de Esteban e contra letal, todo sería mais sinxelo.
As suas urxencias foron o noso mellor aliado. A pesar de que seguiron pelexando, cada contra era ocasión clara, e para evitalas enchéronse de faltas. O tino de Jonas a balón parado faría o resto.
Tres puntos de ouro que valen para manter ó equipo líder, mais trala derrota de A Pontenova, pero
non esquezamos que a segunda volta acaba de comezar.

A ESTRADA FUTSAL: Cesar - Edu - Botel - Fabián e Moro(1); Hugo, Ulla, Rebo, Tojo, Kinso(1), Chispa e Martín Varela.
S.D. PAZOS Fútbol Sala: Bizza - Marcos F. - Jonas(2) - José(2) e Jony(1); Esteban, Mouso, Luis(1), Breixo e Borja.

GOLES:
  • 0-1 (min.3) José intercepta un pase na presión en área contraria, e clávaa de punteirazo coa zurda.
  • 1-1 (min.7) Moro vaise da marca e bate por raso a Bizza, que non atalla por pouco.
  • 1-2 (min.13) Luis recibe en media pista e cede a Jony, que logo de irse en velocidade finaliza por alto ante a saida do porteiro.
  • 1-3 (min.22) Detén Esteban, Marcos F. con Jonas, este ponlla a Jony que gaña a banda, e asistencia ó segundo donde chega Luis para anotar. Contra "made in Pazos". 
  • 1-4 (min.30) Jonas marca de falta directa ó borde da área cun disparo de calidade que entra rozando o pau.
  • 1-5 (min.32) Jonas de dobre-penalti.
  • 1-6 (min.37) José colle o rexeite do seu propio dobre-penalti, e pica con sutileza co porteiro no chan.
  • 2-6 (min.38) Kinso de punteira tras levarse varios rebotes.



No hay comentarios: