Vistas de página en total

viernes, 15 de enero de 2016

XORNADA 12

Esta fin de semana retómase a competición na terceira división nacional, e faino, coa desputa da que será a primeira xornada da segunda volta.
Os nosos viaxan a A Estrada, onde se enfrontaran ó actual tercer clasificado e firme candidato ó ascenso. Só dous puntos nos separan, polo que a transcendencia do choque é máxima.
Nada que non se sepa do rival, equipo completísimo, moi traballado, e bancada que presiona dende o quecemento.
Nós aproveitamos bastante as vacacións, nas que se realizaron intensas sesións de traballo. Por desgracia, todo se torceu bastante nesta última semana, pero así e todo, cremos chegar ó choque en óptimas condicións.
O plantel, a excepción de Torres (lesionado), estará todo dispoñible, incluidos Mouso, Jonas e Luis, que por distintos motivos non puideron adestrar durante esta semana.
O encontró disputarase o sábado no pavillón municipal Coto Ferreiro ás 19:00.  

No hay comentarios: