Vistas de página en total

jueves, 25 de febrero de 2016

S.D. PAZOS Fútbol Sala 5 - 4 5 CORUÑA F.S.

O encontro deste pasado sábado, serve de claro exemplo do ben e mal que podemos chegar a facer as cousas.
Vinte minutos casi perfectos, nos que levamos o peso, dominamos, puxemos as ocasións, os goles, e non concedemos nada, deron paso a cinco de insulso control, e quince incalificables.
Ainda non sabemos realmente o que pasou, obviando a melloría do rival, pero desaparecemos da pista a raíz do seu primeiro gol.
Precipitados, imprecisos, errando claras ocasións, e defensivamente sinxelamente lamentables.
Co seu xogo de cinco nos minutos finais, pouco faltou para que dous puntos voasen de Pazos.
En fin, non o merecíamos no cómputo xeral, e por sorte e xustiza, nesta ocasión puidemos celebralo.
Que sirva de lección.

S.D. PAZOS Fútbol Sala: Bizza - Marcos F. - Jony(1) - Luis(2) e Borja(2); Esteban, Torres, Mouso, Jonas, Dani e Breixo.
5 CORUÑA F.S.: Oscar - David - Presno(1) - Carreira(1) e Pastur(1); Alfonso, Mauro e Jesús(1).

GOLES:
  • 1-0 (min.2) Estratexia de banda, Jony pona no segundo,  primer remate de Luis que detén o porteiro, o segundo á rede. 
  • 2-0 (min.3) Estratexia de corner, e volea inapelable de Borja por toda a escadra. GOLAZO¡¡¡ do ano en Pazos.
  • 3-0 (min.8) Dani sae da presión cun pase elevado de calidade, Jonas anticípase ó porteiro asistindo a Borja, que entra con ela na portería.
  • 4-0 (min.19) Luis rompe polo medio, apoiase en Borja, quen ante a saida do meta devolvella ó dez que marca.
  • 5-0 (min.23) Jony vaise no un para un en banda, e finaliza entre as pernas do meta.
  • 5-1 (min.23) Balón longo, recibe o pivot, e asiste a Presno que fusila a Bizza.
  • 5-2 (min.28) Xogada persoal de Presno, e asistencia ó segundo que aprobeita Jesús.
  • 5-3 (min.36) Golazo dende case a sua área de Carreira que colle a Bizza adiantado.
  • 5-4 (min.38) Dobre-penalti que transforma Pastur.

No hay comentarios: