Páginas vistas en total

viernes, 26 de febrero de 2016

XORNADA 17

Repetimos viaxe a Lugo e en domingo tamén, como o último desprazamento.
Semana paupérrima de adestramentos, con varios efectivos aqueixados de gripe, o choque contra o C.P. Casás preséntase francamente complicado.
Equipo que pelexa na metade da taboa, non nos xenera absolutamente ningún tipo de confianza, e menos exercendo de local.
Son baixa segura para este choque, José, lesionado e Torres por compromisos laboráis. Marcos F. tamén o será probablemente, por temas persoais.
Os demais, mal que ben, en principio estarán todos.
O encontro disputarase o domingo no pavillón municipal dos deportes de Lugo ás 17:45.

No hay comentarios: