Vistas de página en total

viernes, 18 de marzo de 2016

CD BURELA "B" P. RUBÉN 1 - 3 S.D. PAZOS Fútbol Sala

Temíamos o partido matinal do domingo en Burela e demostrouse o porqué.
O equipo pasouno mal, non sentíndose cómodo en case ningún momento, e sufrindo o seu para acadar os tres puntos.
A ansiedade e presión de ter que gañar para manter a ventaxa na clasificación, pareceu facer mella nos de Nesto, que á vez que dilapidaban ocasións, concedían algunha que obrigaba a empregarse a Bizza.
Para enturbiar mais os nosos ánimos, o filial burelán, alternaba o xogo normal co de cinco, facéndonos traballar a reo para poder mandar no encontro.
O gol ó borde do descanso, relaxaría un pouco os ánimos, dando pé, a un mellor segundo tempo, pero no que ainda así, contamos os minutos para o final.
Un partido menos, tres puntos mais. Un conxunto libre de compromisos clasificatorios, pode ser o rival mais perigoso.

CD BURELA "B" P. RUBÉN: David - Aitor - Adrián - Diego e Alejandro; David, Daniel, Christian, Sergio(1) e Pablo.
S.D. PAZOS Fútbol Sala: Bizza - Marcos F.(1) - Jonas - Luis e Breixo; Esteban, Torres(1), Mouso, Jony e Borja(1).

GOLES:
  • 0-1 (min.18) Presión ó xogo de cinco local, a bola quédalle a Marcos F., que con clase anota por alto dende medio campo.
  • 0-2 (min.21) Pase interior milimétrico de Jonas ó desmarque de Torres, que bate ó porteiro de primeiras.
  • 0-3 (min.25) Jonas pásalla a Borja en acción de pivot, e este marca de punteira a reviravolta.
  • 1-3 (min.26) Breixo non consegue controlar unha bola ó borde da nosa área, e esta, quédalle franca a Sergio que executa a Bizza de punteirazo.

No hay comentarios: