Páginas vistas en total

sábado, 19 de marzo de 2016

XORNADA 20

Na antepenúltima xornada de liga (nos ainda temos un partido aprazado) recibimos a un dos osos da categoría, o Santiago Futsal "B".
Mal rival para atoparte en calquer momento, por que ainda que non se xoguen prácticamente nada, rematarán entre o 6º e o 3º posto, son sempre competitivos ó máximo.
Dominan tódolos rexistros, xogo colectivo, individual, estratexias...son físicos...un señor equipo.
Non pode haber excusas, solo vale gañar, hai que tentar demostrar que nos necesitamos mais os puntos.
En canto ás baixas, só a do capitán, José, que nas últimas horas coñeceu o alcance da sua lesión, e co manterá alexado das pistas alomenos tres semanas mais. Animo José¡¡¡.
O encontro disputarase o sábado no pavillón municipal de Pazos de Borbén ás 19:00.

*O encontro aprazado no seu día contra o Superti A Pontenova F.S. (2º clasificado), xa ten data de celebración. Será o próximo xoves día 24 no pavillón municipal de Pazos de Borbén ás 12:00.

No hay comentarios: