Vistas de página en total

viernes, 4 de marzo de 2016

C.P. CASÁS 1 - 10 S.D. PAZOS Fútbol Sala

O pasado domingo, os nosos rapaces, acadaron en Lugo tres puntos mais cunha abultada victoria.
Sendo xustos, o resultado non reflexa realmente o acontecido no campo, pois sobretodo no primeiro tempo as cousas estiveron bastante igualadas.
Prácticamente sentenciamos o encontro nese periodo, no que fixemos cinco goles e non encaixamos ningún. Ocasións houbo para os dous bandos, pero Esteban, marcou claramente a diferencia impedindo calquer tipo de achegamento no electrónico por parte dos locais.
O segundo foi de control polo noso bando, mantendo a intensidade defensiva, e aprobeitando cada erro dos rivais para matalos a contra.
A competición non permite tropezos, cos perseguidores presionando, por iso, tal e como viaxamos, excasos de efectivos e algún tocado, este triunfo ten moito mérito.

C.P. CASÁS: Rafael - Julio - Diz - Jairo e Félix; Juan Miguel, David, Brais, Pablo e Jesús.
S.D. PAZOS Fútbol Sala: Esteban(1p.p.) - Jonas(2) - Jony(1) - Luis(2) e Breixo(3); Bizza, Dani(2) e Borja.

GOLES:
  • 0-1 (min.10) Breixo ponlla a Jonas que gaña a banda e finaliza de primeiras polo primeiro pau.
  • 0-2 (min.12) Idéntico gol ó primeiro, pero esta vez pola esquerda, con Luis de pasador e Jonas repetindo finalización.
  • 0-3 (min.15) Estratexia de falta, asiste Luis, inapelable dereitazo de Breixo á escadra.
  • 0-4 (min.16) Luis levaa polo medio, dalla a Breixo, quen remata á rede dende o borde da área.
  • 0-5 (min.18) Jony encara só ó meta, e pásalla a Dani, que remata a portería valeira.
  • 1-5 (min.23) Disparo lateral en xogo de cinco que bate en Esteban e vaise adentro.
  • 1-6 (min.27) Breixo rouba no xogo de cinco e anota dende o seu propio campo.
  • 1-7 (min.28) Breixo con Jony, que se vai en velocidade e define perfecto no man a man co porteiro.
  • 1-8 (min.32) Rouba Dani no xogo de cinco, pásalla a Luis, e este marca a pracer.
  • 1-9 (min.38) Dani conduce dende media pista e bate ó porteiro cun zurdazo raso.
  • 1-10 (min.39) Paralela de Luis con Breixo, e mísil cruzado á escadra do primeiro, golazo.

No hay comentarios: