Vistas de página en total

miércoles, 23 de marzo de 2016

XORNADA 15 ( ENCONTRO APRAZADO)

Este xoves, viviremos en Pazos un encontro que seguramente sexa decisivo para coñecer ó campeón desta tempada.
Os nosos, reciben ó segundo clasificado, o Superti A Pontenova F.S..
Equipo traballadísimo, cun adestrador con moita experiencia, porteirazo, xogadores desequilibrantes, e que leva nos primeiros postos dende que comezou a liga.
Tres puntos nos separan, sendo eles o único equipo capaz de vencernos ata o de agora.
Seguramente, os dous equipos sexan merecedores deste título, con números que en tempadas anteriores, xa os terían coroado, pero como se soe decir "só pode quedar un".
Tras este partido, restarán ainda duas xornadas de campeonato, pero o feito de poder ser campeón nesta, e na casa, é o maior aliciente posible.
Nesto non poderá dispor dos dous capitáns, José e Bizza, un por lesión e o outro por sanción. Breixo, con gripe, probablemente tampouco podera ser da partida. 
Agardámosvos a todos no que sen dúbida é o partido do ano.
O encontro disputarase o xoves no pavillón municipal de Pazos de Borbén ás 12:00.

No hay comentarios: