Vistas de página en total

domingo, 20 de marzo de 2016

S.D. PAZOS Fútbol Sala 6 - 3 SANTIAGO FUTSAL "B"

Coa victoria de onte sábado ante o Santiago Futsal "B", a S.D. Pazos, garantizou matemáticamente o subcampeonato de liga, repetindo deste xeito, a mellor clasificación da súa historia.
Agora resta o mais apaixoante, tentar lograr un título que quedaría marcado con letras de ouro.
No tocante ó partido en si, o equipo estivo á altura. Cun Marcos F. imperial, e o traballo do resto, os vermellos fixéronse merecedores dos tres puntos.
Santiago competiu, coma sempre, pero os nosos fixeron mais. Xogaron concentrados, tiveron ocasións, non as concederon, e foron capaces de reporse as adversidades, como a expulsión de Bizza, e algún gol en propia meta.
Mención especial merece a AFICIÓN, que ateigou as gradas do municipal, e levou o equipo en bolandas cando este o necesitou. MOITAS GRAZAS¡¡¡.
 
S.D. PAZOS Fútbol Sala: Bizza - Marcos F.(2) - Jonas(1) - Jony(1) e Luis(2); Esteban - Mouso, Torres, Breixo, Dani(2p.p.) e Borja.
SANTIAGO FUTSAL "B": Yago - Richi- Quique(1) - Xabier e Dani; Sergio, Isma e Iago.
 
GOLES:
  • 1-0 (min.4) Marcos F. arranca coa bola dende media pista, vaise de dous defensores, e cruza con calma ante o porteiro.
  • 1-1 (min.10) Quique marca no lanzamento dunha falta ó borde da área.
  • 2-1 (min.21) Estratexia de falta, tremendo disparo de Jonas á cruceta, e Jony caza o rexeite para metela dentro.
  • 2-2 (min.25) Saque de banda directo que golpea en Dani e deixa a Esteban sen opción.
  • 3-2 (min.31) Rouba Marcos F. na presión, contragolpe, e define ante a saída do porteiro.
  • 4-2 (min.33) Jonas de impecable execución de dobre-penalti.
  • 5-2 (min.35) Marcos F. faise coa bola no xogo de cinco santiagués, dribla a un rival, cabalga a banda, e pase da morte a Luis que converte ante o porteiro-xogador.
  • 6-2 (min.36) Luis rouba un saque de banda cara o porteiro-xogador, e marca a porta valeira.
  • 6-3 (min.38) Estratexia de corner ó segundo pau, e Dani, no intento de cortar introdúcea en propia meta.

No hay comentarios: