Vistas de página en total

sábado, 23 de abril de 2016

I COPA F.G.F. TERCEIRA DIVISIÓN FÚTBOL SALA

Cando aínda estabamos tratando de asimilar o éxito alcanzado na liga, o equipo xa se atopa inmerso noutra competición. Esta vez, na I COPA F.G.F. TERCEIRA DIVISIÓN FÚTBOL SALA.
A participación neste torneo plantexouse nun principio como obrigatoria para tódolos equipos da terceira división, pero finalmente, ante a rotunda negativa de varios conxuntos, rematou por establecerse como opcional.
Nós ímola disputar, a pesar de que as arcas do club non están para dispendios. A colaboración desinteresada de varios negocios da zona, permitirannos afrontar un novo desafio.
Á espera de que se confirmen datas e rival para a fase de ascenso á segunda división B, este torneo, vese como unha boa posibilidade de poder seguir competindo.
O formato da Copa será o seguinte:

CUARTOS DE FINAL (23/04/2016 a partido único)
  • C.P. CASÁS - RIBEIRA F.S.
  • 5 CORUÑA F.S. - VILALABA F.S.
  • S.D. PAZOS Fútbol Sala - T. ABC VIGO OLIVO F.S.
  • SANTIAGO FUTSAL "B" (exento)
SEMIFINAIS (30/04/2016)
FINAL (01/052016)

Finalmente foron sete os equipos inscritos, sendo baixa de última hora o Superti A Pontenova F.S..
A Fase Final (semifinais e final) disputaranse nunha sede única aínda por determinar.

*Mil GRAZAS a: Tapería Os Viaductos, A Casa da Boa Carne, Bar Tesoro de Rande, Tapería Devagar, Aluminios e Vidros Redondela, Artesanía Burbulla, E. S. A Chan de Amoedo, Bar Cruz de Pazos e Cafetería Mapache.

No hay comentarios: