Tiña que ser así, non podía ser doutro xeito que a S.D. Pazos Fútbol Sala quedase campeón da terceira división do fútbol sala nacional. ÉPICO, foi o vivido o sábado en "ANFIELD".
O equipo sufriu e fixo sufrir a toda a afición, como só aquí estamos acostumados. Pasouse de nada a todo en segundos, loitando e aferrándose ó título ligueiro con uñas e dentes.
Para ser campeón tíñanse que dar duas circunstancias. Primeiro, que nos gañásemos o noso encontro, e despois esperar a que o Superti non o fixera no seu, e así aconteceu.
Advertíramos no previo que os rivais ós que nos enfrentabamos ambos eran de aupa, e vaia se demostraron selo. O Ribeira fíxonolas pasar canutas, xogando a polos tres puntos e pelexando ata o final. E que podemos dicir de a A Estrada Futsal, plantouse en A Pontenova, e sacou tres puntos de onde antes non o fixera ninguén.
Hoxe tócanos a nós saborear o triunfo, como de seguro noutra ocasión lles tocará a eles, porque tomándose así os partidos, acábase tendo premio. Con estas actitudes, sen dúbida dignifícase a competición.
O noso choque foi de ver. Adiantámonos no marcador, remontáronnos, empatamos, vapuleáronnos ata porse 2-6, e ainda fomos capaces de repornos e gañar, INCRIBLE¡¡¡.
Comezamos ben o partido, con ritmo e creando perigo en área rival.
Co paso dos minutos, os visitantes foron crecendo, e entón chegou o gol de Borja.
En lugar de dar tranquilidade, sucedeu todo o contrario, e quixemos rematar o encontro pola vía rápida.
Dous erros por tolear, puxéronnos por debaixo, e a partir de ahí, vinte minutos de auténtico calvario.
Empatou Luis, e volveu a ocorrer o mesmo, mais erros e 2-4 ó descanso.
Pintaban bastos. Poucos crían na victoria nese intre (si o facían Bizza, Torres, Mouso, Dani, José, Nesto, Mon, Fran...e como non, os/AS que están ahí SEMPRE).
Saimos a por todas, e zas¡, erro, e outro gol en contra. Ata 3-7 nos chegamos a por.
O equipo estaba ó borde do KO, con este marcador, e a tan só dez minutos do final. Enton xurdiu o ADN Pazos.
Porteiro-xogador á pista e a dar absolutamente todo. Desfíxose en entrega o equipo, apoiado nos berros da bancada.
O Ribeira, seguía ó seu, pero non puido coas gañas vermellas. Un tras outro, fomos recortando distancias, cun Luis en estado de graza.
Jonas, Marcos F, Jony, Borja, Breixo, Esteban...agora si criamos todos.
Co 7-8, a falta de dous minutos, tocamos o ceo, ainda que o seu porteiro-xogador a falta de excasos segundos, a piques estivo de deixarnos coa mel nos beizos.
Non podía ser, era o noso momento. As noticias dende A Pontenova proclamávannos CAMPEÓN DE LIGA 2015/2016.
S.D. PAZOS Fútbol Sala: Esteban - Marcos F. - Jonas(1) - Jony(1) e Luis(6); Bizza, Torres, Mouso, Dani, Breixo e Borja(1).
RIBEIRA F.S.: David - Fran(1) - Gago(2) - Marcos e Jairo(1); Carlos, Pablo(3), Cancio, Quintela e Alberto.
GOLES:
1-0 (min.9) Borja caza un rexeite a bote pronto ó borde da área e enchúfaa na rede.
1-1 (min.10) Tiro exterior que para Esteban, pero o rexeite caelle franco a Pablo que marca.
1-2 (min. 11) Acción de pivot de Pablo que anota por alto.
2-2 (min. 14) Saque de banda rápido de Jonas cara Luis, tiro cruzado deste, pau e adentro.
2-3 (min.16) Dobre-penalti que convirte Jairo.
2-4 (min. 17) Roubo e contragolpe que materializa Fran tras acción colectiva.
2-5 (min. 23) Balón en longo, dubida Esteban na saída, e gol de cabeza de Gago.
2-6 (min. 27) Gago empurra unha asistencia ó segundo pau.
3-6 (min.28) Dispara Jony, e rexeite do porteiro que aprobeita Luis.
3-7 (min.29) Pablo define ante Esteban tras desfacerse de Jony.
4-7 (min.30) Jonas executa unha pena máxima sobre Borja.
5-7 (min.31) Asiste Luis en xogo de cinco, marca Jony por entre as pernas do meta.
6-7 (min. 34) Punteirazo exterior de Luis que se clava polo pau longo.
7-7 (min. 35) Nova uña de Luis dende algo mais da liña de puntos, que entra tras pegar no longueiro.
8-7 (min. 38) Luis rouba unha bola, e marca de tiro cruzado.
9-7 (min. 39) Saque longo de Esteban a Marcos F. que cede a Luis, para que anote a pracer.
*Nos vindeiros días faremos un resumo xeral do que foi esta liga, porque a tempada non rematou. Queda a Copa da que pasaremos cumprida información, e como non, a fase de ascenso á Segunda División B.
Agora toca disfrutar dun éxito sen precedentes na historia deste humilde club. NORABOA A TODA A FAMILIA VERMELLA¡¡¡.
11 comentarios:
como vuestros mister solo me queda rendirme ante vosotros una vez mas,os lo mereceis,por actitud,entrega y dedicacion y como no,mencion especial a luisito por hecharse el equipo a la espalda y a la gente que menos juegan que vibraron como nunca y animando hasta la extenuacion el el banquillo,lo dicho,gracias equipo y orgullosisimo que estoy de todos y cada uno de vosotros,ahhhh y a la aficion una vez mas de 10,mil gracias y os esperamos para lo que biene que promete ser emocionante.
Sois enormeees!!! Pero aún no está todo echo, ahora a ganar en la fase de ascenso que con este equipo todo es POSIBLE. ¡¡¡QUE SI, JODER, QUE VAMOS A ASCENDER!!
Sin palabras, ENOOORMEEESSSS!!!!!
En tercera no hay fase de ascenso, se asciende directo
http://pazosfutbolsala.blogspot.com.es/2015/03/a-estrada-futsal-7-2-sd-pazos-futbol.html
En este grupo, este año al ser menos de 14 equipos, sí la hay
Lusito se Echara el equipo a la espalda. Y emocionante sera lo que Viene.
Y contra quien juega la fase de ascenso?
Antes de nada enhoraboa polo campeonato.
Pero sí me gustaría decirvos que nin antes eramos tan malos nin ahora tan bos (en referencia o publicado nesta web o ano pasado hacia nos) nos sempre competimos o máximo e con deportividade dándonos igual o rival.
O dito enhoraboa e a polo ascenso.
Marcos Sesar
Moitas grazas Marcos. En canto ó partido ó que te refires, e sen que serva de xustificación, decir que nese momento foi a percepción que tivemos. Evidentemente sen pretender meter no mesmo saco nin a tódolos membros do voso plantel, nin moito menos ós da vosa afición. Como sabes tamén, nestes tres últimos anos xogamos polo menos en cinco ocasións mais contra vós, con empates e victorias para ambos, e todos eles foron tratos nesta web co maior respeto. Repetir que nós entendemos o deporte como ti dis, tratando de competir en tódolos choques por igual e sen ter en conta o que pode estar en xogo ademáis dos tres puntos. Por iso alabamos o voso comportamento, igual que o facemos co do Ribeira ou o ABC. Un saudo e felicitar a A Estrada Futsal por outra notable campaña.
Publicar un comentario