Páginas vistas en total

sábado, 2 de abril de 2016

XORNADA 21

Tralo varapau sufrido o pasado xoves, no que perdemos o liderato en favor do Superti A Pontenova F.S., esta xornada, afrontamos o "derbi" local ante o T. ABC Vigo Olivo F.S..
Os vigueses xa acadaron o obxetivo deste ano, que non era outro que manter a categoría sen pasar apuros, polo que se lles presenta un partido idóneo para tratar de agradar á sua afición no último choque do ano na casa.
Nós, pola contra, xogámonos todo. Só gañando,  manteremos opcións de título ata a derradeira data.
José, que xa se despediu desta tempada, é a única baixa segura, mentres que Dani, será dúbida por motivos persoais. Jonas, Luis e Jony tocados, si serán finalmente da partida.
O encontro disputarase o sábado no pavillón polideportivo das Travesas ás 17:00.

No hay comentarios: