Páginas vistas en total

lunes, 4 de abril de 2016

T. ABC VIGO OLIVO F.S. 2 - 6 S.D. PAZOS Fútbol Sala

Que o estado de ánimo e algo fundamental no deporte semella evidente, pero se alguén tiña dúbidas, os nosos primeiros minutos  de onte en Vigo serven para refrendalo.
A apatía ou desmotivación xerada polo último encontro contra o Superti, casi nos costa o do ABC.
Saimos idos á pista, e en dous erros de bulto puxémonos dous goles abaixo.
Eles sairon a gañar, como debe ser para non desprestixar a competición, e enchéronnos de problemas fiando todo a balóns ás nosas costas.
Tras dez minutos penosos, chegou a reacción, con disparos ós paus de Luis e Jonas. A raíz do primeiro gol, as cousas encauzáronse e os vermellos foron superiores ó rival.
Triunfo que costou, como casi todos, e que nos permite chegar ó ultimo partido en Pazos con algunha esperanza.

T. ABC VIGO OLIVO F.S.: J. Luis, Bruno(1), Fabio, Modes e Parra(1); Rodri, Samu, David, Pinilla, Xoán e Ángel.
S.D. PAZOS Fútbol Sala: Bizza - Torres - Jonas - Jony(1) e Breixo; Esteban, Mouso, Marcos F., Dani(1), Luis(3) e Borja(1).

GOLES:
  • 1-0 (min.3) Breixo perde un intento de pase de último home, e Parra fusila a Bizza polo primeiro pau.
  • 2-0 (min.10) Estratexia de corner que repele Bizza, quedando a bola solta na área pequena e beneficiando a Bruno que anota libre de marca.
  • 2-1 (min.15) Xogadón entre Luis e Jonas, con pase interior do primeiro ó segundo, devolución, e balón ás mallas a carón do pau.
  • 2-2 (min.16) Dani vaise en velocidade por banda, remata cruzado, e a bola entra a pesar do intento de despexe dun defensor.
  • 2-3 (min.22) Jony combina con Jonas, medida paralela deste, e definición perfecta de Jony ante o porteiro.
  • 2-4 (min.25) Luis apóiase en Borja no pivot, pase deste, e Luis case sen ángulo bate ó porteiro por entre as pernas na sua saída.
  • 2-5 (min.36) Jony monta un contragolpe, vaise só, e asiste a Borja que o acompaña para que empurre a pracer.
  • 2-6 (min.39) Nova contra, asiste Borja, converte Luis.

No hay comentarios: