Vistas de página en total

miércoles, 18 de mayo de 2016

C.D. JUVENTUD DEL CÍRCULO 4 - 2 S.D. PAZOS Fútbol Sala

A S.D. Pazos trouxo consigo de Burgos unha derrota que obrigará a tentar a "machada" en "Anfield".
Nun ateigado Polideportivo Círculo, os de Nesto, non conseguiron desplegar en ningún momento o seu mellor xogo, e víronse superados, sobretodo no primeiro tempo, polo conxunto local.
Varios foron os factores que condicionaron a derrota.
O primeiro, un terreo de xogo ó que non nos demos adaptado. Pases malos ós que normalmente lle seguia un peor control, atrapallados co balón nos pes, sen un para un...
O segundo, claro está, o rival. Os burgaleses, demostraron o porqué da sua apabullante clasificación ligueira, intensos, cos conceptos claros, e con moita capacidade de chegada.
Por último, a arbitraxe, que puxo o listón altísimo, non permitindo case o contacto, e enchendo de faltas a ambos conxuntos, o que á postre sería decisivo.
Co dito anteriormente, no primer acto demos aguantado as embestidas locais, cun Bizza providencial nalgunha ocasión, parecia que chegariamos ó descanso con empate no marcador. Non sería así, porque a falta de tres minutos, o bonus de faltas rompía o choque.
Eles anotaban o primer dobre-penalti, o porteiro salvaba in-extremis o do posible empate de Jonas, e de seguido, marcarían tamén o segundo.
Puido ser peor, xa que o  terceiro do que dispuxeron iríase alto.
Saimos mais entoados na segunda parte, conscientes de que a eliminatoria decantábase perigosamente.
Por desgracia, unha paralela sen aparente perigo, sorprendía a Esteban e puña as cousas ainda mais costa arriba.
Reaccionarían os nosos, e un hábil Luis a pase de Jonas, recurtaba distancias.
Co encontro igualado, as ocasións sucedianse. Sendo Breixo o mais activo dos vermellos, tiro ó pau incluido, e salvando Esteban algunha clara dos da casa.
Nos intres finais, Borja, cun gran remate establecía o marcador final, logo de que o equipo desperdiciara tres ou catro das que non soe perdoar.
Marcador seguramente xusto, pero que deixa esa sensación de que ó final puidemos traer un mellor resultado para a volta.
Toca remontada, o que non resultará nada sinxelo, pero en Pazos todo é posible.

C.D. JUVENTUD DEL CÍRCULO: Carranza, Mario(1), Myguel, Ercilla e Jesús Preciado(2); Álex, Poves, Dani, Fer, Pika, Tito(1) e Darío.
S.D. PAZOS Fútbol Sala: Bizza, Marcos F., Jonas, Jony e Luis(1); Esteban, Mouso, Torres, José, Breixo, Dani e Borja(1).

GOLES:

  • 1-0 (min. 17) Mario de dobre-penalti.
  • 2-0 (min. 18) Jesús Preciado de dobre-penalti.
  • 3-0 (min. 25) Parela, e punteira de Tito dende a lateral que entra tras bater no pau.
  • 3-1 (min. 26) Estratexia de falta, Jonas cara Luis ó interior da area, e este de tacón metea na rede.
  • 4-1 (min. 28) Saque rápido do porteiro, control e definición perfectos de Jesús Preciado diante de Esteban.
  • 4-2 8min. 38) Parede de Borja con Jonas, e disparo de primeiras do doce, pau e adentro.

*Mención especial a AFICIÓN VERMELLA, que nos acompañou en gran número e animou dende o quecemento ata o derradeiro suspiro. MIL GRAZAS¡¡¡ con vos todo e mais sinxelo.





No hay comentarios: