Vistas de página en total

jueves, 19 de mayo de 2016

PLAY-OFF ASCENSO 2ª DIVISION B

Este sábado celébrase en Pazos o encontro de volta da fase de ascenso á 2ª division B.
Trala derrota en Burgos, os vermellos están obrigados a gañar por unha diferencia de mais de dous goles, o que lles otorgaría o ascenso de categoría.
Agora coñecemos ó rival, e somos conscientes das suas moitas virtudes e dalgún defecto, o cal trataremos de aproveitar para ter opcións de remontar a eliminatoria.
Non se pode pedir mais emoción para o final dunha campaña, na que pase o que pase neste partido, xa é a mellor da historia do club.
Nesto contará coa importantísima baixa, tanto a nivel deportivo como emocional, de Bizza, que non estará por temas persoais. O resto do plantel, todo á sua diposición.
"Anfield" ten que ser unha festa vermella, e ogallá, con un final feliz.
O encontro disputarase o sábado no pavillón municipal de Pazos de Borbén ás 17:00.


No hay comentarios: