Vistas de página en total

viernes, 13 de mayo de 2016

PLAY-OFF ASCENSO 2ª DIVISIÓN B

A S.D. Pazos desprázase mañá sábado a Burgos para xogar o choque de ida da fase de ascenso a 2ª división B. Co equipo, viaxa tamén un nutrido grupo de aficionados, que tratará co seu alento dende a bancada, de axudar todo o que poida ós vermellos.
O rival, como é lóxico, é un total descoñecido do que apenas poidemos recabar algo de información. O que nos chegou, fala dun moi bo conxunto no que prima o bloque, e que tamén conta con algunha individualidade que destaca como pode ser o caso de Jesús.
A nosa intención é clara, por suposto tentar gañar, pero sobretodo, chegar con vida o encontro de volta.
Nesto tras moitas xornadas sen poder facelo, terá á sua disposición a todo o plantel, sendo a única dúbida o recentemente recuperado José.
O encontro disputarase o sábado no Polideportivo Círculo de Burgos ás 18:00.

1 comentario:

Anónimo dijo...

PODEIS VER UNA GALERIA EN:https://www.facebook.com/BurgosDeporte/photos/?tab=album&album_id=566882840152745