Vistas de página en total

jueves, 26 de mayo de 2016

S.D. PAZOS Fútbol Sala 1 - 2 C.D. JUVENTUD DEL CÍRCULO

Antes de comentar o partido, o primeiro que temos, debemos, e por suposto queremos facer, é dirixirnos á nosa AFICIÓN. ¡¡¡Impresionante!!! o que nos fixo vivir e sentir o sábado en "Anfield". Non se pode facer mais para tentar axudar a un equipo. O ambiente foi inmellorable, coas gradas repletas, tinguidas de vermello, e alentado sen descanso, antes, durante, e o mais importante, despois do encontro. A comunión público-equipo foi total, e quedará grabada na memoria de todos. Millóns de GRAZAS¡¡¡.
O seguinte é felicitar ó merecido gañador da eliminatoria, e novo conxunto de 2ª división B, o C.D. Juventud del Círculo. Os burgaleses, mostráronse como un conxunto sólido, rocoso, cos conceptos moi claros, e cunha solidaridade e sacrificio envexable. Noraboa!, xunto cos vosos fieis siareiros farédelo moi ben na nova categoria.

Con respeto ó encontro de volta, tentouse, pero non houbo maneira.
Os de Nesto, sairon con tódalas gañas do mundo de voltear o resultado da ida, pero voltaron a non ser quen de imporse no xogo, carecendo da precisión e fluidez necesaria.
Eles sabían que defendedo con orden e disciplina, e aproveitando as ocasións que tiveran, mataban a eliminatoria, e realizárono á perfección. Mais ainda, coas facilidades que nós lles demos.
Cedo, un erro non forzado nun pase ó sair de presión, complicaba ainda mais o conto, e obrigábanos a ir con todo.
Nos seguintes minutos, Luis, cun remate que enviaba Carranza á cepa do pau, Marcos F., cun precioso tiro que batía na escadra, e Jony, ó que lla quitaban baixo paus, permitían seguir crendo.
Mais difícil sería despois. Unha fatídica cesión, remataba en autogol ante o desconcerto dos presentes.
Estas cousas ocorren, pero resulta obvio que non é en absoluto xusto cos protagonistas da acción.
Acusamos esta circunstancia como é lóxico, e os visitantes crearon duas que puideron pechar definitivamente o encontro, evitouno Esteban.
Ata o final do primer acto, a peito descuberto. Jonas, cun trallazo de lanzamento de falta facía tronar a cruceta, José e Luis, volvían probar o bo facer do meta, e Breixo, enviaba a rentes do pau tras roubar. Non había maneira.
A intres do final, un chispazo de fortuna daríanos esperanza para afrontar o segundo tempo.
Este, sería un querer e non poder.
Tentámolo co que nos quedaba, corazón e empuxe ata non poder mais, pero esta vez non ía ser suficiente.
O Juventud defendeuse con poucas fisuras, e cando as tiñan, Carranza deixábanos coa mel nos beizos.
Co paso dos minutos a desesperación foi en aumento, e o ímpetu, levounos incluso a ter que sufrir unha inferioridade logo de ser expulsado Jonas, e a ter que salvar Esteban un dobre-penalti.
Xa nos intres finais, nin co porteiro-xogador seríamos capaces de derribar o muro arlequinado. O ascenso, fuxía a terras castelán-leonesas.

S.D. PAZOS Fútbol Sala: Esteban - Marcos F. - Jonas - Luis(1) e Borja(p.p.), Torres, Mouso, José, Dani, Jony e Beixo.
C.D. JUVENTUD CÍRCULO: Carranza, Mario(1), Ercilla, Myguel e Jesús Preciado, Álex, Poves, Dani, Fer, Tito, Pika e Darío.

GOLES:

  • 0-1 (min.3) Intento de pase de Esteban a Jonas, roubo, e dous para un que convirte Mario.
  • 0-2 (min.11) Borja cede suave a Esteban, este dubida que facer para non caer nunha cesión levando a situación ó límite, e cando quere despexar, o pe enrédaselle na rede e non o consegue. 
  • 1-2 (min.19) Luis encara ó seu par, dispara cruzado, e a bola entra tras golpear na perna dun defensor.

Agora que por fin rematou a tempada, podemos loubar o acadado.
TEMPORADÓN o realizado, e mais de donde se viña. Pasamos dun ano sen pena nen gloria ó mellor da historia do club. O que se supuña sería un ano de transición, e de traballar na sombra para o futuro, converteuse no do dobrete con liga e copa. E todo, grazas ó traballo infinito dun grupo que se empeñou en que así fose. As incorporacións e experiencia do gran Marcos Ferreira e de Esteban, resultaron claves neste apartado, traendo aires renovados e aportando unha dedicación exemplar. Do resto que podemos dicir, os Bizza, José, Jony, Borja, Luis, Jonas, Breixo, Torres, Mouso e Dani, que dirixidos por Nesto e a sua "segunda" Claudia, e comandados por Mon e Ferre demostraron que si se quere, se pode.
Cerramos o ano cun campeonato de liga que arroxou uns números espectaculares. 19 victorias, 1 empate, e 2 derrotas. Sendo o conxunto máximo goleador con 121 goles a favor, e o segundo menos goleado con 58 en contra, e contando co maximo goleador nas nosas ringleiras, Luis, que anotou 40 goles.
Na copa mais e mellor, ofrecendo unha gran imaxe na fase final. 3 partidos contados por victorias, con un total de 15 goles a favor, e 5 en contra.
O "lunar" atopámolo neste play-off de ascenso, pero é que o equipo non deu para mais. Chegamos co depósito na reserva, atopámonos un duro rival, non tivemos nin unha pinga de sorte en momentos puntuais, nin en en ataque, nin en defensa, e por riba, sufrimos unhas arbitraxes moi lonxe do nivel desexado. Unha pena, pero quédanos unha experiencia do mais enriquecedora.
Sen dúbida, semella que se cimentaron os pilares para un futuro prometedor...
*Como sempre, non nos podemos esquecer desa xente que tamén forma parte deste Club. Como son os casos de Rober, que non se perdeu prácticamente nin un entreno, e os realizou como se fose a xogar cada sábado. De Juan, que cando puido estivo ó pe do cañón ó igual que Hugo. Como non, as categorías inferiores, os  Adrián, Guille, Santi, Aaron...que sempre cumpriron cando se lles requeriu. E Fran, que esta  na sombra para axudar no que faga falta. Moitas grazas rapaces!!!.





1 comentario:

Mister dijo...

Desde Burgos queremos agradecer el fenomenal trato recibido en Pazos de Borbén (el aplauso final fue de los que ponen el vello de punta) y felicitaros por la gran campaña que habéis realizado consiguiendo la liga y la copa. Estamos seguros de que jugaréis pronto en Segunda B (incluso la próxima temporada).

El ambiente en el polideportivo fue espectacular. Así da gusto jugar al fútbol sala. Y además con un gran respeto al rival, algo que no suele ser tan frecuente. Seguid así y esos vermellos estarán pronto más arriba.
Un placer visitar Anfield y haber compartido estos dos partidos con vosotros.

Lo importante no es solo lo deportivo, sino también lo humano y en eso no necesitáis ascender, porque estáis muy, muy arriba.

¡Moitas grazas e boa sorte no futuro!

CD Juventud del Círculo