Vistas de página en total

lunes, 22 de agosto de 2016

ACTUALIDADE

A S.D. Pazos Fútbol Sala puxo en marcha a tempada 2016/17 o pasado mércores co comezo da pretempada.
O primeiro equipo presenta cambios con respeto ó ano pasado, ainda que a base continua intacta.
Nesto, mostrou a sua valía co doblete acadado entre outras cousas, e finalmente acordou continuar un ano mais ó cargo do banco vermello.
En canto ós xogadores, a portería seguirá defendida por Bizza e Esteban, ademais de Adri, porteiro xuvenil que adestrará habitualmente co senior. Continuan tamén, José, Marcos F., Torres, Jonas, Jony, Luis e Borja.
As baixas, por diferentes motivos confórmanas, Mouso, Dani e Breixo. Dende o club, darlle as GRAZAS polo traballo realizado, eles xa forman parte da historia vermella, sendo partícipes do noso mellor ano a nivel deportivo.
Mención especial merece Breixo, cun comportamento exemplar nas duas tempadas que estivo con nós. Sempre á altura das circunstancias, tanto nos bos, como o que é mais importante, nos malos momentos.
As incorporacións son tres, as cales presentaremos nos próximos días, e que pechan, un plantel de doce xogadores.

No hay comentarios: