Vistas de página en total

domingo, 28 de agosto de 2016

PRESENTACIÓN FICHAXES 2016/17

A S.D. Pazos Fútbol Sala incorpora ó seu primer plantel a tres xogadores que xa saben o que é vestir a camiseta vermella, Eloy, Lito e Diego.
O club está encantado de recuperalos, pois son xogadores formados aquí, e que pasaron prácticamente por tódalas categorías inferiores do club.
Moita sorte rapaces, BENVIDOS A CASA¡¡¡.
 
 

ELOY
ELOY: Un dos protagonistas principais no equipo que logrou o ascenso á terceira división, donde xogou con nos tan só unha tempada, logo de levar toda a vida no club.
Buscando novos retos, fichou polo Leis Pontevedra F.S. (3ª div.) tendo un papel destacado, para a tempada seguinte, pasar a formar parte do Bembrive F.S. (2ªB div.).
Alí estivo estes tres últimos anos, sendo tamén (sempre que llo permitiron as lesións) un xogador relevante.
Ala-peche zurdo completo e disciplinado, defensivamente é donde mostra as suas mellores cualidades. Traballador e non exento de calidade, Eloy, está chamado a ser un dos referentes deste equipo.
José que o coñece dende cativo, fálanos do que pode aportar "facianos moita falta un xogador así" "medrou moito nestes últimos anos, e se as lesións o respetan, será, xunto con Marcos F. importantísimo na parcela defensiva" "tamén aporta en ataque, grazas á sua chegada e boa pegada".
 

LITO
LITO: Xogador mítico da escola "Pazos", Lito, deixou o club fai dous anos por motivos principalmente laboráis. Este ano, espera poder compaxinar ámbalas duas cousas.
Enrolouse nas filas do Tui F.S. (Autonómica) onde era un dos seus maiores exponentes, loitando nestes anos polo ascenso de categoría.
Na sua traxectoria, aparte da S.D. Pazos, figuran tamén, o Carballiño F.S., H.B. Portonovo F.S., e Leis Pontevedra F.S., todos eles na extinguida 1ª Nacional A.
Ala competitivo, rápido, de calidade individual, e xeneroso nos metros finais, debe aportar ese diferencial do que carece o equipo.
Luis quen pasou mais minutos ó seu caron descríbenolo "para min, se é capaz de acadar o seu mellor nivel, é un dos mellores xogadores da categoría sen dúbida" "completísimo, loitador, técnico, con calidade de pase..." "un complemento de luxo para calquer rematador".
 

DIEGO
DIEGO: Froito da base vermella, formou parte da mellor xeración xuvenil que pasou polo municipal (os Jacobo, Manu, Eloy,el...).
Os estudos, apartárono do seguinte paso, ó que chega hoxe logo de disfrutar do fútbol sala na liga local, donde foi o máximo goleador.
Ala-pivot, difícil de encasillar, destaca principalmente pola facilidade que ten para o gol.
Combativo e con carácter, dará mais variantes e mordente ó ataque dos vermellos.
Bizza defíneo así "é o Thomas Müller do futbol sala en Pazos" "vinlle facer goles de mil maneiras, e sempre rende a bo nivel" "se se adapta á liga pódenos dar moito".

1 comentario:

Anónimo dijo...

Grandes fichaxes e todos da casa. Moita sorte para a nova temporada