Vistas de página en total

jueves, 29 de septiembre de 2016

S.D. PAZOS Fútbol Sala 5 - 2 CARBALLIÑO F.S.

Insulso, resultou o partido disputado polos nosos o pasado sábado no municipal.
Os de Nesto, non conseguiron darlle continuidade o xogo salvo en contadas ocasións. Unhas veces por culpa da maraña en que se convertiu a sua propia rotación de xogadores, e maioritariamente, polo xogo de cinco imposto polos visitantes durante trinta minutos a raiz do dous a cero.
Non quedará na retina dos presentes o espectáculo ofrecido, pero como se adoita decir nestes casos, quedámonos co resultado.
O MELLOR: Sen dúbida os tres puntos, que ó final é o que conta.
O PEOR: A imaxe de frustación nalgúns momentos por non conseguir xogar como se desexa.

S.D. PAZOS Fútbol Sala: Esteban - Marcos F.(1) - Jony - Breixo e Diego; Bizza, Torres, José, Jonas(1), Eloy, Luis(2) e Borja.
GRI CARBALLIÑO F.S.: Ramiro - Oscar - Dani - David(1)(1p.p.) e Aitor; Alvaro, Fabio e Edgar(1).

GOLES:
  • 1-0 (min.6) Jonas recurta na frontal coa esquerda, e punteirazo coa dereita que non cosegue deter o meta.
  • 2-0 (min.9) Borja tenta asistir de calcaño ante a saida do porteiro, e o balón bate nun defensor índonse adentro.
  • 3-0 (min.22) Luis faise coa bola logo de varios rexeites, recurta, e anota por alto.
  • 4-0 (min.23) Rouba Jonas en defensa, pase longo cara Luis, parede deste con Jony que lla devolve ante a saida do porteiro-xogador, e o dez empurra.
  • 4-1 (min.30) Mal pase de Breixo na saida de balón, anticipación, e pase ó segundo que converte David.
  • 4-2 (min.31)Perde Jonas en defensa nunha fribolidade, e uña exterior de Edgar que se cola entre as pernas de Esteban.
  • 5-2 (min.32) Estratexia de banda, deixa Jonas pisada, e trallazo raso de Marcos F. dende a liña de puntos.

No hay comentarios: