Vistas de página en total

jueves, 29 de septiembre de 2016

XXVI COPA XUNTA DE GALICIA

Na tarde noite deste pasado mércores, a S.D. Pazos Fútbol Sala despedíase da XXVI edición da Copa Xunta de Galicia.
Os vermellos para ser primeiros de grupo estaban obrigados a gañarlle ó Campito F.S. por unha renta de seis goles ou mais, finalmente, só se conseguiría que a diferencia fora de cinco.
O seis a un definitivo apéanos da competición, deixando o grupo D definido do seguinte xeito:

  1. LEIS PONTEVEDRA F.S.: 4 pts (dif. goles +6)
  2. S.D. PAZOS Fútbol Sala: 4 pts (dif. goles +5)
  3. CAMPITO F.S.: 0 pts (dif. goles -11)
O partido  foi como cabía agardar. Nós volcados dende o inicio sobre a meta visitante, e eles creando algún perigo cando saían á contra.
Comezaba moi ben a cousa, co gol de Luis ós dous minutos remachando unha asistencia ó interior da área de Marcos F.. Pero torceríase pouco despois, cando o Campito aprobeitaba unha perda de Eloy en medio campo, para batir a Esteban no man a man.
No dez volveríamos a pornos por diante. Estratexia de falta, asiste Jonas, anota Luis, 2-1.
O equipo xogaba ben neses minutos, dilapidando unha ocasión tras outra ata falta de tres minutos.
Rouba Jonas, ponlla a Luis, e este cede a Jony que marca a porta valeira, 3-1.
Con este resultado chegaríase ó descanso.
O inicio do segundo tempo foi arrollador, e en tres minutos puxemos moi franca a eliminatoria.
0 4-1 no minuto dous. Asistencia de Jonas ó segundo pau cara Luis, a bola bate nun contrario e vaise adentro.
Uns segundos despois, sería Jony en xogada individual tras roubar el mesmo, quen establecería o 5-1.
Continuamos a desperdiciar ocasións, e encomendarnos a Esteban en cada perda de balón.
No minuto nove o ansiado sexto gol que deixaba a clasificación a tiro de pedra.
Estratexia de corner, e chut exterior de Jony.
Quedaban once minutos e parecía imposible que o marcador rematase así, pero...
A ansiedade apoderouse dos vermellos, e a pesar de seguir gozando de oportunidades, quedaba patente que non ía ser posible.
Un pau de Marcos, outro de Jonas, remates francos...nada, non habería maneira, e de non ser por Esteban, as esperanzas ainda houbesen rematado antes.
Ata catro man a man tivo que salvar o noso cancerbeiro, froito da nosa teima por marcar, deixando as costas a merced do rival.
No derradeiro suspiro unha xogada reflectía á perfección o vivido.
Remate cruzado de Luis, pega nun pau, paséase pola liña, bate no outro, e acaba morrendo nas mans do porteiro. Con el, morrían tamén as ilusións pola clasificación para cuartos de final.
Esta vez non puido ser, un gol deixanos coa mel nos beizos, pero queda a consolación dun equipo que se deixa todo. As veces, con mais corazón que cabeza.




No hay comentarios: