Vistas de página en total

miércoles, 12 de octubre de 2016

S.D. PAZOS Fútbol Sala 2 - 1 VILALBA F.S.

Intuíamos no previo que o Vilalba podía ser o equipo revelación da tempada, despois do partido que desputamos o sábado, reafirmámolo.
Moi bo conxunto o Vilalbés, con individualidades e argumentos suficientes para competir contra calquera.
O encontro resultou moi parello en tódolos aspectos. Nós mellores no comezo, igualdade trinta minutos, e parte final para eles.
Os vermellos malgastaron moitos contragolpes claros, con malas decisións tanto no último pase, coma na definición, mentras que os visitantes, atoparon como obstáculo algún pau e a un sobrio Esteban.
Tres valiosísimos puntos mais que nos permiten seguir na parte alta, que non é pouco a tenor do visto ata o de agora. Esta liga vai estar moi cara.
O MELLOR: O ambiente nas bancadas, e a aportación de tódolos compoñentes do plantel.
O PEOR: O mal que se xestionou a maior parte do perigo que se creou.

S.D. PAZOS Fútbol Sala: Esteban - Marcos F. - José - Jony(1) e Luis; Dani, Torres, Eloy, Lito, Breixo(1), Diego e Borja.
VILALBA F.S. : Luis - José López(1), Alvaro, Roberto e Rodrigo; Adrián, Daniel, Nuno, Cesar, Antón e Diego.

GOLES:
  • 1-0 (min.4) Breixo faise cunha bola, vaise en velocidade, e marca de punteirazo raso.
  • 2-0 (min.22) Rouba Jony que combina con Luis, contragolpe, devolve o dez ante o porteiro, anota o dous.
  • 2-1 (min. 34) Desgraciado esbarón de Marcos F. ó sair de último home, bola para José López, que recurta a Esteban e marca.

No hay comentarios: