Vistas de página en total

viernes, 14 de octubre de 2016

XORNADA 5

Esta xornada disputamos un partido que xa se pode comezar a tildar de "clásico" na terceira división galega. O rival, a A Estrada Futsal.
Nos últimos anos, o feito de que ambos conxuntos adoiten pelexar pola parte alta da clasificación, ten dado como resultado duelos apaixoantes, cheos de tensión e emoción, e nesta ocasión, semella que non será diferente.
Eles, tanto por competitividade como por plantel, son claro candidato ó título, non cabe dúbida. A pesar de que este ano xa non contan con Fabián, un dos que fora seu baluarte, reforzáronse ben, e manteñen a outros xogadores de moito nivel, como poden ser os casos de Moro, ou Tojo.
Sabemos o que queda si queremos sacar algo positivo dunha das canchas mais complicadas de toda a categoría, só co noso mellor nivel se pode conseguir.

A ESTRADA FUTSAL - S.D. PAZOS Fútbol Sala
DATA: 15-10-16 HORA: 19.00 LUGAR: Pavillón municipal Coto Ferreiro

COVOCATORIA:

  • Esteban
  • Bizza
  • Torres
  • Marcos F.
  • Eloy
  • Jonas
  • Lito
  • Jony
  • Breixo
  • Luis
  • Diego
  • Borja
BAIXAS:

  • Dani (decisión técnica)
  • José (motivos laborais)

No hay comentarios: