Vistas de página en total

sábado, 22 de octubre de 2016

XORNADA 6

Esta xornada visita Pazos un dos conxuntos "incógnita" desta tempada, o Bembrive F.S..
Os vigueses, logo de facer varios anos espectaculares na segunda división "B", incluso acadando un subcampeonato, optaron este ano por regresar á terceira división.
Pouco se parece este equipo a aquel, pois a maioria dos seus xogadores emprenderon novos retos, pero así e todo, o respeto debe ser máximo.
Un plantel renovado, no que destacan a presencia de Cuca, un dos seguramente mellor cancerbeiros da categoría, Borrajo, quen chegou a xogar na división de honra, ou Ges, con moitos kilómetros de fútbol sala.
Nós afrontámolo como todos, conscientes de que non  será sinxelo, e sen mirar mais aló.

S.D. PAZOS Fútbol Sala - BEMBRIVE F.S.
DATA. 22-10-16 HORA: 19:00 LUGAR: Pavillón municipal de Pazos de Borbén

CONVOCATORIA:

  • Esteban
  • Bizza
  • Dani
  • Torres
  • Marcos F.
  • Eloy
  • Jonas
  • Lito
  • Jony
  • Breixo
  • Luis
  • Diego
BAIXAS:

  • José (motivos laborais)
  • Borja (lesión)


No hay comentarios: