Páginas vistas en total

domingo, 16 de octubre de 2016

A ESTRADA FUTSAL 2 - 5 S.D. PAZOS Fútbol Sala

Non decepcionou en absoluto o encontro de onte entre a A Estrada Futsal e a S.D. Pazos. Un choque entre dous equipos que se coñecen á perfección, e que pelexaron de poder a poder durante os corenta minutos.
Un primer tempo de respeto e de non querer cometer erros, deu paso a un segundo vertixinoso, e no que a balanza se puido decantar para calquer lado.
Tras dispor os nosos de tal vez as mellores oportunidades, serían os locais os que se adiantarían no marcador.
Mazazo que a piques estivo de desmontar ós vermellos, que segundos despois concedían un lanzamento de penalti.
Esteban, clave na tarde de onte con paradas providenciais, detivo o lanzamento, e mantívonos con vida.
Conseguimos voltear o resultado, e cando parecía que o reparto de golpes nos favorecería, chegou unha acción que puido resultar decisiva.
Riguroso doble carton a Eloy, por non estar á distancia correcta no saque dun corner.
Aprobeitaron os estradenses a conseguinte superioridade, e con pouco por xogarse, outra vez taboas no electrónico.
No toma e daca final estivemos mais finos, e nun corner moi hábil ente Jonas e Marcos F., este púxonos en Ventaxa.
O posterior xogo de cinco dos da casa definiu o resultado final.
É xusto mencionar que antes do noso cuarto gol, a A Estrada estivo preto da igualada cun zapatazo de Tojo á cruceta.
No fútbol sala as xogadas puntuais marcan a diferencia, e onte, nos saimos mellor parados nelas.
O MELLOR: O nivel de Esteban baixo paus, e a claridade de ideas vermella ante un rival que non da tregua.
O PEOR: Nada nesta ocasión. Ainda que sempre hai cousas que mellorar, non se lle pode pedir mais a este equipo. Os seus goles e ocasións foron mais mérito deles que demérito noso.

A ESTRADA FUTSAL: Hugo - Moro(1)(p.p.) - Martín Varela - Kinso e Simón(1); Cesar, Julio, Tojo, Ulla, Botel e Edu.
S.D. PAZOS Fútbol Sala: Esteban - Marcos F.(1) - Jonas(1) - Jony e Luis(2); Bizza, Torres, Eloy, Lito, Breixo, Diego e Borja.

GOLES:
  • 1-0 (min.29) Estratexia de falta, asiste Moro, e remate de primeiras de Simón.
  • 1-1 (min.31) Saque de falta rápido de Jonas sobre Eloy, punteira de este, e a bola que entra tras bater en Moro.
  • 1-2 (min.33) Xogada entre Lito e Eloy, remate cruzado do primeiro, e Luis empurra co peito en boca de gol.
  • 2-2 (min.34) Superioridade 4x3 local, e inapelable disparo exterior de Moro á escadra de Esteban.
  • 2-3 (min.37) Outra vez listísimo Jonas a pelota parada. Saca sen dar tempo a defensa a colocarse, e Marcos F. anota dende o interior da área.
  • 2-4 (min.38) Jonas marca dende propio campo logo de roubar no xogo de cinco local.
  • 2-5 (min.39) Teima Lito un balón, faise con el, e asiste sobre Luis que controla e marca a pracer.

*Agradecer a magnífica atención prestada pola fisioterapeuta da A Estrada Futsal, quen axudou ó noso xogador Borja, logo da luxación que se produxo nun dedo dun pé durante a disputa do encontro.

No hay comentarios: