Vistas de página en total

miércoles, 30 de noviembre de 2016

S.D. PAZOS Fútbol Sala 4 - 6 A.D.F.S. BUEU

Segunda derrota consecutiva da S.D. Pazos, a cal ademais de facerlle perder o liderato, mete de cheo na pelexa por el ó A.D.F.S. Bueu.
O encontro foi igualado como cabia agardar, pero cun primer tempo no que as defensas, en especial a nosa, deixaron bastante que desexar.
Os catro goles que concedemos foron grotescos, capaces de sonroxar ós cadetes que presenciaban o partido. É loable como nos repuxemos deles, con moito carácter, pero é darlle demasiada ventaxa a un rival como o que tiñamos enfrente.
O segundo periodo xa foi menos vibrante, con eles facendo un xogo mais elavorado, mentras que nos parecíamos á espera de que cometeran algún erro.
A ausencia de Jony, lesionado antes do descanso e que xa non voltaria a participar, tamen se fixo notar, pois estaba a ser do mellor dos vermellos.
Con todo, as ocasións mais claras foron locais, destacando un tiro ó pau de Borja, un man a man de Torres, e algún outro de Lito. Non as metemos, e no tramo final, cando todo facia presaxiar as táboas, eles tras varios intentos, si o farían.
O resto, xa é historia.
Non houbo reacción á derrota anterior, ainda que o equipo, quitando os goles encaixados que son de traca, non deu mostras de estar tocado. Deu a cara, pelexou, foi mellor en varias fases, e incluso puido gañar.
O rival tamen xoga, e neste caso sabe facelo, polo que por outro lado é lóxico que non fora sinxelo meterlle man.
O MELLOR: Que o equipo, a pesar das ausencias e de non atravesar o seu mellor momento, é quen de competir de sobra.
O PEOR: Por suposto a derrota, e unha nova lesion con mala pinta.

S.D. PAZOS Fútbol Sala: Esteban, Eloy(1), José(1) Lito(1)e Jony(1); Torres, Jonas, Breixo e Borja.
A.D.F.S. BUEU: Hugo, Roma, Adri(1), Alexis e Toño(4); Pablo, Lucas, Rafael, Martin, Gil(1), Pablo C.

GOLES:
  • 0-1 (min.2) Grave erro defensivo en cadea, e pase interior ó segundo pau que empurra Adri so.
  • 1-1 (min.3) Lito colle un rexeite ó borde da area, e marca coa esquerda de chut raso.
  • 1-2 (min.4) Jose perde de último home ó querer deixar pisada, e pase cara Toño que convirte a pracer.
  • 2-2 (min.4) Estratexia de corner, Lito deixa de cara, e trallazo exterior de Jose que entra tras dar no pau.
  • 3-2 (min.5) Jose rouba na presión, e ante o porteiro asiste a Jony para que empurre.
  • 3-3 (min13) Lito perde de último home, e Toño marca tras sortear a Esteban.
  • 3-4 (min.14) Estratexia de banda que se traga toda a defensa, e gol fácil de Gil.
  • 4-4 (min.16) Eloy recurta na frontal e saca un punteirazo coa dereita que entra logo de dar no pau e no poteiro.
  • 4-5 (min.38) Paralela, pase ó segundo pau, choque entre Jose e Esteban ó querer curtar, longueiro, e bola morta que aprobeita Toño. Fatal carambola.
  • 4-6 (min.39) Perda no xogo de cinco local, e pase longo que Toño empurra a porta valeira.


No hay comentarios: