Vistas de página en total

sábado, 26 de noviembre de 2016

XORNADA 11

Coa incertidume de saber como reacciona o equipo tralo traspé sufrido a xornada anterior, afrontamos esta contra un rival directo, o A.D.F.S. Bueu.
Os do morrazo, descendidos a tempada pasada da segunda "B", manteñen prácticamente o mesmo conxunto e señas de identidade na actual. Grupo xoven, non exento de calidade, e que practica un xogo combinativo.
Nesto, recupera por fin a Borja, ausente dende o partido contra a A Estrada, pero ademais das xa sabidas baixas de Diego e Bizza, perde tamén a dous dos seus pilares, Marcos F. e Luis, este último lesionado durante o transcurso do encontro anterior.
A pesar destes inconvenientes, o plantel é de total garantia para tentar manter o liderato, e de paso, esquecer o batacazo de Coruxo.

S.D. PAZOS Fútbol Sala - A.D.F.S. BUEU
DATA: 26-11-16 HORA:19:00 LUGAR: Pavillón municipal de Pazos de Borbén

CONVOCATORIA:

  • Esteban
  • Dani
  • Torres
  • José
  • Eloy
  • Jonas
  • Lito
  • Jony
  • Breixo
  • Borja
BAIXAS:

  • Bizza (lesión)
  • Luis (lesión)
  • Marcos F. (motivos laborais)
  • Diego (motivos laborais)


No hay comentarios: