Vistas de página en total

jueves, 24 de noviembre de 2016

T. ABC I.E.S. CORUXO F.S. 8 - 3 S.D. PAZOS Fútbol Sala

Serio correctivo o sufrido pola S.D. Pazos no polideportivo de Coruxo. Un encontro, no que vistos os primeiros cinco minutos, pouco ou nada facía presaxiar o acontecido finalmente.
Os locais tiveron en todo momento moi claro a sua estratexia, cedernos o balón, agardar en liña de puntos, e sair con balóns en longo ó contragolpe. Tralo gol vermello na primeira acción do encontro, tal estratexia parecía irse ó limbo, e ahí foi onde picamos de "pardillos".
Volcámonos na sua metade de campo pretendendo finiquitar pola vía pápida o partido, descoidamos completamente a defensa, e cando nos quixemos dar conta, en tres chegadas contadas perdíamos 3-1.
Con este resultado, o seu plan tomou forza, gañando eles en confianza á vez que a perdíamos nós, a pesar de todo o tempo que quedaba por diante, xa non seríamos capaces de desarbolalo.
No segundo periodo mais do mesmo, vagas intencións dos visitantes, incluso co porteiro-xogador, e gol en contra en cada erro, forzado ou sen forzar.
Hai que recoñecer o seu meŕito, anulándonos completamente e cunha efectividade prácticamente absoluta. Como tamén é certo que non xogamos ben, faltos de ritmo e velocidade de baĺón, que defensivamente incluso estivemos peor, e que individualmente o nivel estivo lonxe de ser o mellor, pero así e todo, o castigo semella excesivo.
Como dixo algún xogador vermello ó remate, ninguén dixo que isto fose a ser sinxelo.
O MELLOR: Como encaixou o equipo a derrota, sen excusas, asumindo erros, e xa pensando no seguinte compromiso.
O PEOR: A falta de recursos ante situacións outrora controladas, a inexistente defensa, e as perdas absurdas de balón.

T. ABC I.E.S. CORUXOF.S.: José, Bruno, Modes(2), Samu(2) e Parra(1) Rodri, Santi, Oliver, Pablo(2) e Xoan(1).
S.D. PAZOS Fútbol Sala: Dani, Marcos F., Eloy, Breixo e Luis(1); Esteban, Torres, José(1), Jonas, Lito e Jony(1).

GOLES:
  • 0-1 (min.1) tiro escorado de Luis que se cola ante a estirada do porteiro.
  • 1-1 (min.4) balón en longo que cruza Samu ante Dani.
  • 2-1 (min.5) Saque de banda ó segundo pau que remata Modes ante Dani e Jonas.
  • 3-1 (min.9) Contragolpe que finaliza Pablo por entre as pernas de Dani.
  • 4-1 (min.19) Modes remacha baixo o longueiro unha bola posta o interior da area.
  • 5-1 (min.23) Marcos F. perde nun intento de pase interior, contra, e Parra bate a Esteban no man a man.
  • 6-1 (min.28) Eloy perde de ultimo home e Pablo executa a Esteban.
  • 7-1 (min.29) Roubo no xogo de cinco visitante, gol de tiro lonxano de Xoan.
  • 7-2 (min. 33) Xogada con porteiro-xogador que Jose remata no segundo pau.
  • 7-3 (min.33) Latigazo exterior de Jony exercendo de porteiro-xogador.
  • 8-3 (min.36) Roubo, contragolpe, e finalizacion de Samu ante Jony.

No hay comentarios: