Vistas de página en total

lunes, 12 de diciembre de 2016

5 CORUÑA F.S. 0 - 2 S.D. PAZOS Fútbol Sala

A S.D. Pazos logrou na Coruña cortar a xeira de malos resultados na que se vía inmersa, e que xa comezaba a ser inquedante.
Os nosos, chegado este momento, sabían que o principal era gañar, o espectáculo ou a forma de facelo quedaba para outra ocasión.
Saímos concentrados, moi serios en defensa, e aprobeitamos as que tivemos no primeiro tempo.
No segundo, e co marcador a favor, desperdiciamos catro ou cinco contras claras para por a puntilla definitivamente, aínda que mais por mérito do porteiro local, que por demérito noso.
Eles, que dominaron mais o esférico, tamén gozaron de varias moi claras na parte final do encontro. Esteban, moi seguro todo o choque, desbaratounas de xeito providencial, penalti incluido.
Non foi o mellor partido do ano dos vermellos en canto ó xogo, pero en canto á actitude, entrega, e compromiso, estivo entre eles.
Tralo parón deste pasado fin de semana, cerramos o ano na casa contra un duro rival como é o Superti A Pontenova F.S.. A victoria volve a ser imperiosa para manterse nos postos de cabeza.
O MELLOR: Lóxicamente os tres puntos, pero tamén ver a unión do equipo para logralos.
O PEOR: Non ser capaces de imporlle o ritmo ó encontro, e ter que sufrir ata os intres finais.

5 CORUÑA F.S. : Alfonso, Daniel, Andres, Caropi e Oscar Lopez; Oscar, David, Cristian, Jesús, Jorje e Bujan.
S.D. PAZOS Futbol Sala: Esteban, Torres, Marcos F., Lito e Borja; Dani, José(1), Eloy, Jonas(1), Jony e Breixo.

GOLES:

  • 0-1 (min. 1) Falta directa ó borde da area que convirte Jonas coa punteira.
  • 0-2 (min.17) Balón en profundidade de Marcos F. sobre José, que sortea ó porteiro e marca.

No hay comentarios: