Vistas de página en total

sábado, 17 de diciembre de 2016

XORNADA 13

Este sábado disputamos o derradeiro partido do ano e que pecha tamén a primeira volta do campeonato.
En xeral podemos estar satisfeitos co traballo realizado ata o de agora, pois o equipo segue metido de cheo na loita pola liga, pero todos estamos convencidos de que se pode facer mellor.
Está a resultar moi difícil ou case imposible completar entrenos con todo o plantel, ben sexa por temas laborais ou lesións, e iso ó final estase a ver reflexado na pista.
Este é un mal común para tódolos equipos, pero a nós está claro que nos está afectando moito, polo que só queda aprobeitar ben o tempo e tentar dar un chisco mais.
O rival de hoxe é un vello coñecido, o Superti a Pontenova F.S.. e que ainda que reflicte cambios significativos con respecto á tempada pasada, segue sendo un equipo complicadísimo con xogadores da talla de Cesar ou Catalin entre outros. Non continuan o adestrador Julio Delgado, nin dous dos seus pilares, Keko, e o goleador Santi.
A sua situación, sexto clasificado, faios mais perigosos, xa que un novo tropezo os afasta definitivamente de calquer posibilidade de título.
Para os vermellos, con menos urxencias, igualmente é fundamental gañar, semella que a competición non vai a permitir nigunha concesión.
Nesto volverá a velo dende a bancada cumplindo sanción, pero parece que poderá contar cos recentemente recuperados, Bizza, Jony e Luis.

S.D. PAZOS Fútbol Sala - SUPERTI A PONTENOVA F.S.
DATA: 17-12-16 HORA: 19:00 LUGAR: Pabillón municipal de Pazos de Borbén

CONVOCATORIA:

  • Esteban
  • Dani
  • Bizza
  • Marcos F.
  • Eloy
  • Jonas
  • Lito
  • Jony
  • Breixo
  • Luis
  • Borja
BAIXAS:

  • Torres (motivos persoais)
  • José (motivos laborais)
  • Diego (motivos laborais)



No hay comentarios: