Partido moi completo o realizado polos vermellos na sempre difícil cancha do Carballiño F.S..
Os nosos, por fin, mantiveron a ambición e concentración durante os corenta minutos, logrando así, chegar ós intres finais do encontro con todo decidido.
A aposta de Nesto por mover continuamente o banco para manter a intensidade o maior tempo posible saiulle ben, rendindo todos a bo nivel, e facendo destacar ó conxunto por encima de calquer individualidade.
O MELLOR: A seriedade coa que afrontamos un choque dos que como se adoita decir, había pouco que gañar e moito que perder.
O PEOR: Nada reseñable nesta ocasión. Por por algún pero, tal vez a mala defensa no primer gol local.
GRI CARBALLIÑO F.S.: Jonatan - Oscar - David - Ivan e Fabio; Fabian, Cristian(1), Daniel(2) e Alvaro.
S.D. PAZOS Fútbol Sala: Esteban - José - Jonas - Lito(1) e Jony(1); Dani, Bizza, Marcos F.(1), Eloy(2), Breixo, Luis(3) e Borja(1).
GOLES:
- 0-1 (min.2) Estratexia de banda, e empeine raso de Lito que se cola entre as pernas do porteiro.
- 0-2 (min.8) Rouba Borja na presión, pase ó interior da area cara Eloy, que marca ante a saida do meta.
- 1-2 (min.12) Acción de pivot en banda e pase ó segundo pau que remata Daniel.
- 1-3 (min.18) Marcos F. rouba na presión, combina con Luis, amago, e punteirazo do dez que entra tras pegar no poste.
- 1-4 (min.19) Slalom por banda de Jony e pase da morte que finaliza Marcos F.
- 1-5 (min.31) Presión alta sobre o porteiro-xogador, rouba Jony, e entra con ela na porteria.
- 2-5 (min.32) Xogo de cinco local, tiro exterior que repele Esteban, e o rexeite clavao Cristian.
- 2-6 (min.33) Roubo de Lito en media pista ante o xogo de cinco, e pase a Luis que anota a reviravolta dende a lateral.
- 3-6 (min.33) Acción prácticamente calcada á do segundo gol local, marca Daniel.
- 3-7 (min.34) Outro roubo en media pista, parede Lito-Borja-Lito, remata por empurrar sobre a liña o doce.
- 3-8 (min.38) Disparo que bate en Marcos F., bola cara Luis, que se vai en velocidade para marcar a pracer.
- 3-9 (min.39) Contragolpe que finaliza cruzado Eloy tras sentar a dous contrarios.
No hay comentarios:
Publicar un comentario