Esta xornada visitanos un dos equipos mais intensos da liga, o Santiago Futsal "B".
Conxunto formado por rapaces moi novos, fai de iso mesmo, unha das suas maiores virtudes. A sua ambición e competitividade converteos sempre nun rival moi perigoso, importando pouco o posto que ocupen na taboa clasificatoria.
Este ano transitan pola parte media, pero como xa demostraron no encontro de ida, non é sinxelo meterlle o dente.
Trala derrota do Ourense F.S. a pasada xornada, defendémolo liderato.
Seguro que os nosos farán todo o posible para mantelo, a pesar da cantidade de inconvintes que están a sufrir durante a semana.
S.D. PAZOS Fútbol Sala - SANTIAGO FUTSAL "B"
DATA: 28-01-17 HORA: 19:00 LUGAR: Pavillón municipal de Pazos de Borbén
CONVOCATORIA:
- Esteban
- Bizza
- Dani
- Marcos F.
- José
- Eloy
- Jonas
- Lito
- Jony
- Breixo
- Luis
- Borja
BAIXAS:
- Torres (motivos persoais)
- Diego (motivos laborais)
No hay comentarios:
Publicar un comentario