Páginas vistas en total

sábado, 14 de enero de 2017

GRI CARBALLIÑO F.S. 3 - 4 S.D. PAZOS Fútbol Sala (COPA)

A S.D. Pazos avanzou ós cuartos de final da copa de 3 div. á costa dun combativo GRI Carballiño F.S..
O encontro resultou igualadísimo, sendo a clave do mesmo a maior eficacia de cara á porta dos nosos.
Jonas, con dous lanzamentos de falta directos púxonos en ventaxa, recurtando distancias David, cun potente chut exterior antes de ir ó descanso.
Tralo mesmo, Borja coa cabeza, aproveintando un saque en longo de Bizza, semellaba decantar a eliminatoria co 1-3. Nada mais lonxe da realidade.
Os locais, a base de coraxe, volcáronse con todo, establecendo a igualada a escasos minutos do final, xa coa figura de porteiro-xogador sobre pista.
Nos derradeiros segundos, unha boa xogada entre Lito e Luis, que finalizaba o primeiro coa punteira, dábanola clasificación á seguinte rolda.
Sonríunos a fortuna esta vez, pois Bizza tivo traballo a reo toda a tarde, e os paus tamén se aliaron connosco. Non soubemos matar o encontro cando puidemos, e ó final non o pagamos por pouco.
Non se reflexou para nada a diferencia na táboa clasificatoria da liga, facendo mais apaixoante esta competición e dando un claro toque de atención ós vermellos.
O MELLOR: O pase a cuartos de Final e Bizza.
O PEOR: A falta de ritmo.

GRI CARBALLIÑO F.S.: Fabian - Fabio - David(1) - Alvaro(1) e Aitor; Alejandro, Ignacio, Iván, Daniel e Cristian(1).
S.D. PAZOS Futbol Sala: Bizza - Marcos F. - Jonas(2) - Lito(1) e Breixo; Esteban, Eloy, José, Luis e Borja(1).

GOLES:

  • 0-1 (min.7) Falta directa que transforma Jonas a rentes do pau.
  • 0-2 (min.19) Falta directa que Jonas mete entre a barreira e o porteiro.
  • 1-2 (min.19) Golazo de David cun tiro exterior que se cola pola escadra.
  • 1-3 (min.31) Saque longo de Bizza cara Borja, que de cabeza, anticípase á saida do porteiro.
  • 2-3 (min.33) Borja perde a sua marca, e Alvaro remata axustado ó pau.
  • 3-3 (min.38) Cristian anota logo dunha boa elaboración en xogo de cinco.
  • 3-4 (min.39) Lito combina con Luis no pivot, e este, deíxalla franca para que o once marque cruzado coa punteira.

No hay comentarios: