Páginas vistas en total

sábado, 14 de enero de 2017

XORNADA 14

Hoxe sábado da comezo a segunda volta da liga, e os nosos, iníciana contra o sempre complicado Ribeira F.S..
O conxunto lugués partía como un claro aspirante ó título, tanto por calidade de plantel, como por vistosidade no seu xogo, pero a sua irregularidade condeouno á metade da táboa.
Non nos debe levar a engano esta posición, seguramente pretenderán rectificar na segunda volta os erros cometidos na primeira.
A parte do rival, o inquedante é o rendemento que poidan ofrecer os nosos.
Non estivemos nada ben a semana pasada en Carballiño no encontro de copa, e as dificultades de varios xogadores para sumar adestramentos fai que a situación non sexa a idónea nestes momentos.
Jony e Luis, continúan renqueantes das suas respectivas lesións, pero serán da partida. Non así, Torres, que estivo enfermo toda a semana, e Diego, que continua con compromisos laborais.
A boa nova é o regreso do noso capitán, José.

S.D. PAZOS Fútbol Sala - RIBEIRA F.S.
DATA: 14-01-17 HORA: 19:00 LUGAR: Pavillón municipal de Pazos de Borbén

CONVOCATORIA:

  • Esteban
  • Bizza
  • Dani
  • Marcos F.
  • Eloy
  • José
  • Jonas
  • Lito
  • Jony
  • Breixo
  • Luis
  • Borja
BAIXAS:

  • Torres (enfermidade)
  • Diego (motivos laboráis)

No hay comentarios: