Vistas de página en total

viernes, 20 de enero de 2017

S.D. PAZOS Fútbol sala 6 - 4 RIBEIRA F.S.

Con victoria comezou o noso equipo a segunda volta do campeonato, pero cos mesmos ou similares males cos que rematou a primeira.
Como demostramos por enésima vez este sábado, somos quen do mellor e do peor en corenta minutos.
Primeiro tempo moi aceptable, no que dominamos, fomos superiores e medio sentenciamos o choque. E segundo, no que non fixemos prácticamente nada, excepto Esteban, que tivo traballo de sobra, con outra vez paradas clave, como dous lanzamentos de dobre-penalti por exemplo.
É difícil de entender tal desconexión do equipo, que viu perigar claramente os tres puntos a excasos minutos do final.
Ribeira mellorou moito no segundo tempo, subindo a presión e xa con pouco que perder, pero ainda así, nós debemos ofrecer algo mais.
A autoimposta presión de ter que gañar si ou si, semella atenazar ó equipo, que non disfruta nin con catro goles de ventaxa no marcador, xa non digamos cando o rival se acerca no electrónico.
Hai que cambiar o chip, nos non somos quen ten que ter esa presión, somos quen ten que metela, pero sobretodo, tentando pasalo ben e facerllo pasar igual á nosa afición.
O MELLOR: O nivel da nosa portería, que durante todo ano está a marcar a diferencia, en liga, en copa...Esteban volveu a estar soberbio. Destacar tamén o impecable golpeo de Jonas, cada vez mais certeiro á pelota parada, si e que era posible.
O PEOR: Non ser capaces de manter o mesmo nivel durante todo o encontro, é frustante ver como o equipo remata case sempre ó borde do precipicio.

S.D. PAZOS Futbol Sala: Esteban - Marcos F. - Jony - Luis(1) e Breixo(1); Bizza, Dani, José, Eloy, Jonas(3), Lito e Borja(1).
RIBEIRA F.S.: Nicandro, Marcos, David Quintela, Lobeiras(2), Alberto(2); David, Francisco, Pablo e Javier.

GOLES:

  • 1-0 (min.1) Xogada inicial de manual, asiste Jony, remata Luis.
  • 2-0 (min.3) Pase da morte de Luis que aproveita Breixo de primeiras.
  • 2-1 (min.5) Pérdida en defensa de Marcos F., e uña rasa de Lobeiras. 
  • 3-1 (min.8) Bo pase de Eloy en profundidade cara Borja, e mellor definición deste, metendo rápido a punteira ante a saida do porteiro.
  • 4-1 (min.15) Falta directa que convirte Jonas.
  • 5-1 (min.19) Jonas de dobre-penalti.
  • 5-2 (min.31) Tiro exterior en xogo de cinco que se cola tras tocarlle Lobeiras.
  • 5-3 (min.35) Penalti que executa Alberto.
  • 5-4 (min.37) Desaxuste clamoroso en xogo de cinco rival, e Alberto marca só no segundo pau.
  • 6-4 (min.37) Roubo no xogo de cinco, e Jonás dispara por alto con calidade dende campo propio.


No hay comentarios: