Vistas de página en total

sábado, 25 de febrero de 2017

BEMBRIVE F.S. 3 - 7 S.D. PAZOS Fútbol Sala

Afrontábamos o encontro do pasado sábado con moita cautela, dádala situación á que chegabamos ambos equipos ó mesmo. Eles, derradeiro clasificado, con necesidade imperiosa de puntos, pero tal vez atravesando o seu mellor momento da tempada. E nós, primeiros pero vindo dunha derrota, cun feixe de problemas en forma de condición física, e con ausencias importantes.
Finalmente logramos sacar o partido adiante, sendo disciplinados, intensos, e golpeando en momentos clave.
A igualdade do primer tempo con ocasións para ambos, solventárona mellor os vermellos, con dous zarpazos que nos deron ventaxa ó descanso.
No segundo, a falta de nove minutos, eles optaron polo porteiro-xogador, e esa seguramente foi a sua tumba.
En dous minutos puxémonos 0-5, prácticamente pechando a contenda, ou iso pensabamos. A dous para o final, unha superioridade ó noso favor, coverteuse nun cúmulo de despropósitos que a piques estivo de tirar por terra o feito ata ese momento.
Houbo reacción, e coraxe para poder seguir disfrutando unha semana mais do liderato da liga.
Este fin de semana non haberá competición debido ó entroido, retomándose a mesma o seguiente, onde nos enfrontamos ó C.P. Casás no municipal de Pazos de Borbén.
O MELLOR: A eficacia en ataque con moi boas transicións, e a concentración no cómputo global.
O PEOR: Claramente a xestión da superioridade 5x4, na que fixemos o "ridículo" incluso encaixando un gol en contra.

BEMBRIVE F.S.: Cuca - Ges - Félix - Fernando e Borrajo(2); Javier F., Marcelo Giménez(1), Alberto, Pablo, Javier L. e Aarón.
S.D. PAZOS Fútbol Sala: Esteban - José - Eloy - Jony e Breixo; Bizza, Torres, Lito(2), Luis(3) e Borja(2).

GOLES:

  • 0-1 (min.4) Jony sae da presión en velocidade polo centro, e dalla a Luis que marca dende a frontal de tiro raso.
  • 0-2 (min.18) Xogada persoal de Borja na liña de fondo, sae Cuca a tapar, e a bola remata nos pes de Luis que marca de primeiras dende fora da área.
  • 0-3 (min.32) Pase en profundidade cruzado de Eloy, Luis deixa pasar en media pista para Jony que entra por banda como un misil, e asistencia ó segundo pau que empurra Borja.
  • 0-4 (min. 33) Saque longo de Esteban sobre Luis ante o xogo de cinco local, slalom do dez ante os rivais que lle saen o paso, e remate final cruzado á rede.
  • 0-5 (min.33) Roubo de Luis ante o porteiro-xogador, e pase a Borja que marca preciso a porta baleira dende medio campo.
  • 1-5 (min.35) Dobre penalti que convirte Marcelo Giménez.
  • 2-5 (min.37) Roubo de Borrajo en inferioridade, que define cruzado diante de Esteban.
  • 3-5 (min.38) Golazo de Borrajo sen apenas ángulo por toda a escadra.
  • 3-6 (min.38) Luis plántase diante de Cuca, e cede a Lito que marca a pracer.
  • 3-7 (min.39) Contra 3x1, Luis para Jony, que ante Cuca asiste a Lito para que a funda na rede.



No hay comentarios: