Vistas de página en total

sábado, 18 de febrero de 2017

XORNADA 19

A S.D. Pazos desprázase ata Bembrive para enfrontarse ó derradeiro clasificado, pero que como demostrou ante a A Estrada Futsal por exemplo, e contra nós na ida, gañarlle resulta moi complicado.
Para eles, como para nós, de aquí ó final tódalas xornadas son clave; con obxetivos distintos claro está, pero con idéntica necesidade de puntuar.
O choque entre o Sala Ourense (2º) e a A Estrada Futsal (3º) fai que unha victoria nos poida dar algo mais de marxe.
Problemas seguimos tendo de sobra, e para tódolos gustos.
Perdemos por lesión para un mes a un xogador vital como Marcos F. , Luis continua renqueante igual ca Jony e Breixo, Jonas sancionado, e seguimos contando con escasos efectivos para os adestramentos. Veremos si a competitividade vermella segue sendo suficiente para sacar outro partido adiante.

BEMBRIVE F.S. - S.D. PAZOS Fútbol Sala
DATA: 18-02-17 HORA: 18:00 LUGAR: Pavillón municipal de Bembrive

CONVOCATORIA:


  • Esteban
  • Bizza
  • Torres
  • Eloy
  • José
  • Lito
  • Jony
  • Breixo
  • Luis
  • Borja
Baixas:


  • Dani (decisión técnica)
  • Marcos F. (lesión)
  • Jonas (sanción)
  • Diego (motivos laborais)


      

No hay comentarios: