Páginas vistas en total

martes, 21 de marzo de 2017

SALA OURENSE 1 - 1 S.D. PAZOS Fútbol Sala

Este pasado domingo a S.D. Pazos perdía a sua condición de líder da terceira división logo do empate colleitado en Ourense.
O encontro, como reflexa o resultado, foi igualadísimo, e ainda que os dous conxuntos gozaron de multitude de ocasións, solventadas maiormente pola boa actuación dos porteiros, o medo por non cometer erros marcou a contenda.
Cabe mencionar a pésima actuación arbitral, que empañou algo o espectáculo ó confundir ou mal interpretar  aquilo de "deixar xogar". Un dos colexiados simplemente non compareceu, evadíndose de tomar calquer tipo de decisión por clara que parecese, e o outro, tal vez non puido con todo.
O empate a cero ó descanso daba mostra da tensión que se respiraba, e reflectía o comentado anteriormente, incluso repartíndose os tiros ó pau.
Lito, facia tremer o longueiro cun tiro exterior, despois, Esteban desviaba dous balóns que batían nos postes, e finalmente Luis, dilapidaba a mellor dos nosos tras gran asistencia de Jony, disparando ó lateral da madeira con todo a favor.
Na segunda parte, mais do mesmo. Algún paradón de ambos porteiros, e os goles que chegarían de forma similar, en dous depistes defensivos de patio de colexio.
No último minuto, unha incuestionable falta sobre Luis cando encaraba portería, ofrecianos a posibilidade dende o dobre-penalti de manter a nosa posición de privilexio.
Por desgraza, ou igual por xustiza, quen sabe, erramos o lanzamento e o posterior inmellorable rexeite.
Catro xornadas por disputarse e a un punto da A Estrada Futsal, quen semella en velocidade de cruceiro disparada cara ó título.
Toca modo persecución, e loitar, ó final a liga porá a cada quen donde mereza estar.
O MELLOR: A pesar das circunstancias, os vermellos deron a talla ante todo o arsenal dun poderoso rival, e Esteban, que ofreceu un gran nivel segurísimo todo o choque.
O PEOR: Que non fomos capaces de ser nós os que marcáramos o ritmo. Nas transicións e na finalización tampouco estivemos nada acertados.

SALA OURENSE: Rubén - Raúl Rivero - Iván - Tizón e Araujo; Darío, Fente, Adrián, Alejandro, Kevin, Guerra(1) e Diego.
S.D. PAZOS Futbol Sala: Esteban - Eloy - Jony - Luis(1) e Breixo; Bizza, Jonas, Lito e Borja.

GOLES:

  • 1-0 (min.28) Os nosos, en lugar de colocarse na defensa dun corner quédanse protestando, saque directo ó interior da área, e inapelabe volea de Guerra que fusila a Esteban.
  • 1-1 (min.30) Jonas saca rápido unha falta ante as protestas locais, Jony cólase entre os defensores, e asiste a Luis, que bate ó porteiro polo primeiro pau.

No hay comentarios: