Vistas de página en total

sábado, 18 de marzo de 2017

XORNADA 22

Tralo descanso da xornada pasada, este domingo damos comezo ó tramo final da tempada.
Cinco auténticas finais que de gañalas nos permitirían revalidar o título ligueiro, pero que de seguro costarán o seu.
Nestes intres somos líderes, cun punto de ventaxe mais o golaveraxe sobre a A Estrada Futsal , e con catro sobre o Sala Ourense, rival desta semana, e ó que ainda lle resta descansar.
A liga xa é cousa de tres, e parece claro que un tropezo te pode deixar coa mel nos beizos.
O primer paso sera tentar asaltar Ourense, unha praza dificilisima e na que so conseguiu gañar o Bembrive F.S. hai excasas datas.
Os locais gastan a sua derradeira bala, pero para nos pode ser vital tamén, coa A Estrada a expectativa, solo vale gañar.
Por desgraza, para este envite non poderemos contar coa presencia de dous dos nosos xogadores referencia, José e Marcos F.. A sua importancia tanto dentro como fora da pista é incuestionable.

SALA OURENSE - S.D. PAZOS Fútbol Sala
DATA: 19-03-17 HORA: 12:00 LUGAR: Pavillón municipal Os Remedios

CONVOCATORIA:

  • Esteban
  • Bizza
  • Torres
  • Eloy
  • Jonas
  • Lito
  • Jony
  • Breixo
  • Luis
  • Borja
BAIXAS:

  • Dani (decisión técnica)
  • Marcos F. (motivos laborais).
  • Jose (motivos laborais)
  • Diego (motivos laborais)



No hay comentarios: