Vistas de página en total

viernes, 14 de abril de 2017

XORNADA 26

Chegou a derradeira xornada do campeonato, e como a tempada pasada, o nome do Superti A Pontenova F.S. volve a cruzarse no noso camiño.
Eles, loitaron con nós man a man polo título ligueiro pasado ata o último suspiro, e eles, tamén son quen poden privarnos deste.
No séptimo posto, a sua aspiración será optar á quinta praza, pero e que ademais son un bo equipo, que mellora o seu rendemento exercendo de local.
Temos a experiencia vivida o ano pasado, donde se demostrou que o único que se pode controlar é o que está nas túas mans, por iso, só debemos pensar en gañar.
A data, en plena Semana Santa, condiciona a convocatoria, xa que varios dos nosos non estarán ás ordes de Nesto.
Causan baixa por diferentes motivos, Marcos F., Borja, Esteban, Torres, Dani e Diego. Son dúbida, Eloy e Luis, aínda que este viaxa seguro.
Mais dificultades para tentar seguir acrecentando o palmarés vermello, ó que ningún resultado lle poderá negar outra magnífica campaña.

SUPERTI A PONTENOVA F.S. - S.D. PAZOS Fútbol Sala
DATA: 15-04-17 HORA: 17:00 LUGAR: Pavillón municipal de A Pontenova.

CONVOCATORIA:

  • Bizza
  • Jose
  • Eloy ?
  • Jonas
  • Lito
  • Jony
  • Breixo
  • Luis ?
BAIXAS:

  • Esteban (motivos persoais)
  • Marcos F. (motivos persoais)
  • Borja (motivos persoais)
  • Torres (motivos persoais)
  • Dani (motivos persoias)
  • Diego (motivos laborais)

No hay comentarios: