Vistas de página en total

jueves, 20 de abril de 2017

SUPERTI A PONTENOVA F.S. 3 - 6 S.D. PAZOS Fútbol Sala

Segundo título ligueiro consecutivo de terceira división para a S.D. Pazos Fútbol Sala.
Os vermellos, logo dunha campaña complicada tanto á hora de completar adestramentos, como en forma de lesións, foron capaces de reporse con casta á tódalas adversidades, ata alzarse finalmente co campeonato.
Unha liga durísima, pois tanto o Ourense a maior parte, como á A Estrada ata o final, non deron tregua, deixando marxe a moi poucos erros.
Felicidades por suposto a eles, pola sua meritoria tempada.
Do encontro deste sábado poderíamos decir que durou un tempo, o primeiro, pero que tempo...
Os nosos, con só dous cambios no banco, sendo un deles un renqueante Luis, saltaron á pista pontenovesa como auténticos flans.
Os locais, todo o contrario. Puxéronse por diante ata en duas ocasións, e fixéronnos espabilar a base de perigo.
Por de baixo no electrónico, incluso desperdiciamos un penalti claro sobre Luis, o que non facía mais que acrecentar os nosos nervios.
José, o capitán vermello, conseguiría a primeira igualada, para despois Jony, conseguir a segunda, e darlle a volta ó resultado uns intres despois.
Unha vez por diante, todo sería mais doado, ata irnos ó descanso cunha cómoda renta.
O segundo tempo foi de tentar conter ó rival. Igualdade e boas ocasións para ambos, pero sempre mantendo a marxe buscando o ansiado final.
Cando este chegou, a tensión contida non deu nin para moita celebración, o viaxe de volta sería outra cousa.
O MELLOR: A capacidade de reacción e de sacrificio.
O PEOR: O entendible nerviosismo inicial, que nos levou incluso a xestionar fatal unha superioridade 5x4.

SUPERTI A PONTENOVA F.S.: Isaac - Miguilla(1) - Miguel - Iago(1) e Paulo; Cesar, Manuel(1) e Diego.
S.D. PAZOS Fútbol Sala: Bizza - Jonas - Lito(1) - Jony(3) e Breixo; José(1) e Luis(1).

GOLES:

  • 0-1 (min.2) Mala defensa no saque dun corner, e Miguilla marca de tiro exterior.
  • 1-1 (min.7) Zapatazo de José en estratexia de banda.
  • 2-1 (min.9) Contragolpe que materializa Iago a pracer.
  • 2-2 (min.10) Latigazo raso de Jony tras irse do seu defensor.
  • 2-3 (min.14) Roubo de Lito na presión, e asistencia á Jony que mete forzado a punteira ante a mala saida do porteiro.
  • 2-4 (min.15) Outro roubo de Lito, combina con Jonas, e pase deste ó segundo pau que transforma Luis.
  • 2-5 (min.19) Saque rápido de Lito sobre Jony, que sorprende a Cesar cun gran zurdazo. 
  • 3-5 (min.26) Estratexia de corner que finaliza Manuel.
  • 3-6 (min29) Lito recibe, e sortea a Cesar para empurrar con comodidade.

*Coma sempre, pero mais que nunca está vez, queremos facer participes deste logro, a varios xogadores que non pertencen ó plantel, pero que sen a sua inestimable axuda isto non sería posible. Rober, Juan, e Periquito, MOITÍSIMAS GRAZAS¡¡¡.
**AGRADECER tamén a cantidade de felicitacións recibidas tanto de outros clubs, como de xogadores e amigos. Este tipo de detalles danlle moito mais valor ó conseguido.
***Por suposto dar MIL GRAZAS a nosa AFICIÓN, que nos acompañou en nutrido grupo nesta última viaxe, pero que o leva facendo todo ano no municipal. Para vos este campeonato.
P.D.: Mención especial a nosa segunda "adestradora", mais fiel seguidora, e parte activa deste club. Que grande eres CLAUDIA¡¡¡.

O remate da tempada analizaremos pormenorizadamente os números desta liga, por que a actividade do equipo non se detén. Este vindeiro sábado coa disputa dos cuartos de final de Copa en a A Estrada, contra o actual subcampeón ligueiro. E en próximas datas, das que daremos cumprida información,  co play-off de ascenso a 2ª division B.



No hay comentarios: