Páginas vistas en total

martes, 9 de mayo de 2017

PLAY-OFF ASCENSO 2ª DIV. B

Celebrado o sorteo, xa se coñece o emparellamento e as datas do play-off de ascenso á segunda division B.
O rival que teremos enfronte é un club de gran tradición no fútbol sala nacional, o CDE Ciudad de Móstoles Fútbol Sala (ex PSG MOSTOLES) de Madrid. Cuna de xogadores como Paco Sedano, Raúl Campos, Borja Blanco ou Charlie entre outros, dende 2009 compite co seu nome actual, e continua facendo gala dunha das mellores canteiras a nivel nacional.
Os problemas extradeportivos fixérono peregrinar por 2º division B ata hai pouco, para dende o dous mil catorce, facelo en 3ª división.
Hoxe, e tras ser campeón do grupo 3, pelexará contra nós polo ansiado ascenso de categoría.

ENCONTRO DE IDA:

  • CDE CIUDAD DE MÓSTOLES FÚTBOL SALA- S.D. PAZOS Fútbol Sala
Sábado 13 de maio no polideportivo Villafontana as 18:15

ENCONTRO DE VOLTA:

  • S.D. PAZOS Fútbol Sala - CDE CIUDAD DE MÓSTOLES FÚTBOL SALA
Sábado 20 de maio no pavillón municipal de Pazos de Borbén as 19:00

No hay comentarios: