Páginas vistas en total

lunes, 8 de mayo de 2017

S.D. PAZOS Fútbol Sala 1(3) - 1(4) SALA OURENSE (COPA)

Non puido ser. A S.D. Pazos non foi quen de revalidar o título copeiro, ó quedar eliminada nas semifinais do torneo a mans do Sala Ourense na quenda de penaltis.
O encontro resultou moi entretido e emocionante, con alternativas para ambos contendentes, pero sobretodo super competido. As taboas ó final dos corenta minutos, son fiel reflexo do acontecido.
Eles, sairon á pista mais entoados cós nosos, probando a solidez de Esteban case dende o pitido inicial. Co paso dos minutos iríamos mellorando, ata rematar o encontro prácticamente volcados na sua área.
Os ourensás, propuxeron un xogo de duelos individuais sabedores da sua calidade, sobre todo, do seu quinteto inicial. Nos por contra, apoiamonos nun traballo mais colectivo, sendo as duas opcións moi válidas e efectivas, como así demostraron a morea de ocasións creadas.
Os dous porteiros luciron espectaculares, sendo seguramente os mais destacados, e encaixando tan só, o prácticamente imparable.
A primeira metade remataría con empate a cero, tendo eles a mellor nos pés de Tizón, e os vermellos nos de Lito, que enviaba ó pau un man a man ante Rubén.
Na segunda, mais do mesmo, ata que Tizón lograba por por diante ós seus nunha acción individual.
Tocaba zafarrancho, e ata conseguir a igualada non nos demos por vencidos​. Esta, chegaría a escasos minutos do final, aprobeitando unha superioridade 4x3 por medio de Lito, e cando xa comezaba a cundir a desesperación.
Nos derradeiros intres, un chut cruzado de Eloy que​ se ia ó pau, remataba coas nosas esperanzas de meternos na final sen pasar polo punto fatídico.
Nesta "sorte", estarían mais certeiros os das burgas, a pesar de que Esteban parou un, e a piques estivo de facelo noutros dous.
Rubén, foi o héroe ourensá, ó adiviñar os lanzamentos, primeiro de Jonas, co que lle permitíu non quedar eliminados , e despois o de Luis, este xa, na morte súbita.
Darlle a NORABOA ó SALA OURENSE pola sua clasificación e posterior consecución do título de Copa,  e as GRAZAS tamén, polo seu recibimento en forma de pasillo a saida dos vestiarios.
O MELLOR: O de case sempre, esa competitividade que nos permite pelexar cada encontro poña como se poña.
O PEOR: O timoratos que entramos no partido, e o mal momento que están atravesando varios dos vermellos.

S.D. PAZOS Fútbol Sala: Esteban - Marcos F. - Jonas - Lito(1) e Jony; Bizza, Dani, Eloy, Breixo, Luis e Borja.
SALA OURENSE: Rubén - Allariz - Raúl Rivero - Tizón(1) e Diego P.; Alejandro, Darío, Higua, Adrián e Diego Fente.

GOLES:

  • 0-1 (min.23) Tizón intercepta un pase de Lito,vaise, recurta, e dispara cruzado imposible para Esteban.
  • 1-1 (min.36) Mal saque do porteiro, Lito no 1x1 co porteiro cede a Jonas, disparo que salva un defensor, e o rexeite devólvello Jonas a Lito que remacha a rede.


No hay comentarios: